Juan Vázquez de Mella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxos
Xas (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: outro datiño
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Estudou no seminario de Valdediós e fixo a carreira de dereito en [[Santiago de Compostela]] onde dirixiu o periódico ''[[El Pensamiento Galaico]]''. De elocuente palabra, portentosa memoria e brillante capacidade para a oratoria e a política, abrazou a causa do [[carlismo]]. Deputado ás Cortes de 1893 a 1916, elixido polos distritos de Aoiz, Estella e varias veces por Pamplona. Cando presentou a súa candidatura a deputado por Oviedo foi derrotado pola coalición que reformistas e socialistas presentaron contra os conservadores. Presentou ás Cortes de Madrid unha vigorosa petición solicitando que fose declarada ilegal, facciosa e traidora á Patria a [[Masonería]], eliminando dos empregos públicos aos masóns. Participou no Congreso antimasónico de Trento en 1896<ref>[http://www.geocities.com/mariofb2/anio2003/custodia4/congreso1896.htm El Congreso Animasónico de Trento de 1896, por José María de Domingo-Arnau y Rovira]</ref>.
 
Vázquez de Mella era xermanófilo o que o conduciu a unha soada separación con [[Xaime, duque de Madrid|Xaime de Borbón]], que ademais de pretendente á coroa era aliadófilo. Xaime de Borbón, que fora confinado polos austriacos no seu castelo próximo a Viena, publicou en 1918 un manifesto dirixido aos tradicionalistas españois desautorizando aos que tivesen exteriorizado os seus sentimentos xermanófilos: Vázquez de Mella opúxose ao documento e nese cisma orixinouse a escisión que o levou a fundar en 1918 o [[Partido Católico Tradicionalista]].