Endometrio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
* A ''capa funcional'', que é a máis externa e limita coa cavidade uterina. Esta capa fórmase despois do final da menstruación durante a primeira parte do [[ciclo menstrual]]. A proliferación é inducida polos [[estróxeno]]s (na fase folicular do ciclo menstrual), e as transformacións finais nesta capa son inducidas pola proxesterona do [[corpo lúteo]] (na fase lútea). Está adaptada a proporcionar un ambiente óptimo para a implantación e crecemento do [[embrión]]. Esta é a capa que se desprende completamente durante a menstruación.
* A ''capa basal'', que está debaixo da anterior e limita co [[miometrio]], e que non se desprende durante a menstruación, e a partir da que se rexenera a capa funcional.
En ausencia de proxesterona, as arterias que subministran sangue á capa funcional sofren constrición, polo que as células que irrigaban quedenquedan en [[isquemia]] e morren, o que produce a [[menstruación]].
 
É posible identificar a fase do ciclo menstrual observando as diferenzas histolóxicas que experimenta o endometrio. As principais son: