Basilio Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
'''Basilio Álvarez Rodríguez''', nado o [[10 de agosto]] de [[1877]] en [[Ourense]] e finado en [[Florida]], [[Estados Unidos]], o [[15 de novembro]] do anode [[1943]], foi unha das figuras máis destacadas do [[Agrarismo|movemento agrario]] galego.
 
==Traxectoria==
Liña 6:
Formou parte (como [[Manuel Portela Valladares]] ou [[Alfredo Vicenti]]) do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de [[Galiza]], grupo que constitúe as orixes de [[Acción Gallega]] ([[1910]]). Precisamente, el será un dos fundadores desta asociación agraria. Mais a súa actividade política e o seu claro posicionamento a favor dos labregos non foi visto con bos ollos por parte do bispado, o que lle custou a perda da súa parroquia. Desde ese momento, abandona a Igrexa e comeza a vivir da avogacía, sen abandonar a causa [[Agrarismo|agrarista]]. De feito, foi determinante para que [[Ramón Cabanillas]] (autor do himno de [[Acción Gallega]]) comezase a colaborar co [[Agrarismo|movemento agrario]]. En 1928 foi nomeado Fillo Predilecto de Ourense.
 
En [[1931]], coa instauración da [[Segunda República Española|Segunda República]], consegue ser deputado nas Cortes Constituíntes polo [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] que lideraba [[Alejandro Lerroux]]. Abandona o partido en abril de [[1935]] e preséntase como candidato centrista aos comicios de febreiro de [[1936]] nos que non consegue escano. O golpe de Estado de [[Francisco Franco]] e o estalido da [[Guerra Civil]] ([[1936]]-[[1939]]) sorprenden a Basilio Álvarez en [[Madrid]], onde tiña o seu despacho de avogado. Sentíndose ameazado polos dous bandos viuse obrigado a se exiliar a [[América]] ([[Arxentina]] nun primeiro momento, logo [[Cuba]] e finalmente os [[Estados Unidos]]).
 
Durante a súa estadía en [[Bos Aires]] colaborou, a pesares dunha diabetes moi aguda, no xornal arxentino ''Crítica''. Os seus artigos foron recopilados ao ano seguinte no libro ''[[España en crisol]]'', onde Basilio Álvarez lembraba o final do período republicano e denunciaba as barbaridades perpetradas pola represión franquista e a incapacidade dos propios políticos republicanos.
Liña 17:
Basilio Álvarez amosou interese polo xornalismo desde moi novo. Estivo vencellado a xornais ourensáns como ''[[La Nueva Época]]'', diario católico silvelista, e ''[[La Galerna]]''. Tamén traballou para ''[[El Eco de Orense]]'', o xornal que dirixía [[Valentín Lamas Carvajal]].
 
En [[1907]] trasladouse a [[Madrid]] onde colaborou co centro galego e coa revista ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]''. Participou tamén na fundación do diario madrileño ''[[El Debate]]'' que mesmo dirixiu entre outubro de [[1910]] e xullo de [[1911]]. Abandonou entón a dirección do xornal para aceptar a oferta do bispo de [[Ourense]] [[Eustaquio Ilundáin]] e facerse cargo da freguesía de [[Beiro, Ourense|Beiro]], o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro".
 
''[[El libro del periodista]]'', aparecido en [[1912]], serviu a Basilio Álvarez como tribuna onde expoñer o seu xeito de entender o xornalismo. Defendía un periodismo combativo e enérxico, feito desde a rúa e con afán de apostolado, no que prevalecese a inmediatez e a síntese.
 
Xa moi determinado na defensa do movemento agrario, Basilio Álvarez emprende en [[1913]] a edición do xornal ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'', editado en [[Ourense]] e dirixido por [[Manuel Lustres Rivas]]. As autoridades eclesiásticas reaccionaron de xeito irado contra a publicación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos. Finalmente o bispo suspendeu ''a divinis'' a Basilio Álvarez que así abandonaba a parroquia para licenciarse logo en Dereito. A partires deste momento só se dedicou á avogacía, ó xornalismo e á política.
 
En xullo de [[1921]] iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán ''[[La Zarpa]]'', que foi o gran diario agrario da época. Colaboraron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como [[Castelao]], [[Vicente Risco]], [[Ben-Cho-Shey]], [[Arturo Noguerol]], os irmáns [[Antón Villar Ponte|Antón]] e [[Ramón Villar Ponte]], etc. Acolleu ademais nas súas páxinas a un moi amplo abano de tendencias ideolóxicas dentro do progresismo.
 
Durante o período republicano (1931-1936) perdeu esa amplitude ideolóxica e converteuse en portavoz do propio Basilio Álvarez, deputado polo [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], e en defensor dos intereses desta formación política.
 
Despois do levantamento franquista en xullo de [[1936]] foron intervidos os talleres e a redacción do xornal, que se seguiu publicando durante uns días pero cos novos símbolos falanxistas e con fins propagandísticas a favor dos golpistas. Ao mesmo tempo foi intervido o [[Círculo Basilista]], sociedade que reunía aos seus adeptos, e o seu retrato máis famoso, feito por [[Llorens]], foi arrastrado polas rúas ourensás a xeito de escarnio público. A rúa que levaba o seu nome foi logo chamada de Capitán Eloy, ata o ano [[2008]] en que foi rebautizada coma Rúa da Concordia.