Peto mediano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m →‎Reprodución: Ovo (bioloxía)
Liña 26:
 
==Reprodución==
Na estación de crianza escava un burato, de preto dos 5 cm de ancho, nalgún [[tronco]] ou nunha ponla grosa. Pon de catro a sete [[Ovo (bioloxía)|ovo]]s e os choca entre 11 e 14 días, ficando os [[pito]]s no [[niño]] de 21 a 23 días.
 
Madura sexualmente ao final do primeiro ano. Durante a estación de crianza é monógamo. A asociación debilítase tras a crianza, pero pode continuar con distancia no inverno e renóvase durante a tempada de [[celo]] principal. Dende finais de xaneiro e máis frecuentemente en febreiro e marzo o macho peteira e fai chamadas ruidosos dende o seu territorio. Se unha femia se achega, o macho intensifica o súa chamada e realiza sorprendentes voos de flotación ata que atrae á femia. A continuación sedúcea. Ao mesmo tempo eriza as plumas vermellas da súa cabeza. A femia examina o burato preparado polo macho e adopta unha postura para a [[cópula]]. Os primeiros [[apareamento]]s teñen lugar en febreiro e son frecuentes en marzo.