Kurt Wüthrich: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:کورت ووتریش
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 35:
Durantes os seus estudos de gradación Wüthrich comezou a traballar coa espectroscopia de [[resonancia paramagnética electrónica]] e o tema da súa tese Ph.D. foi "a actividade [[Catalizador|catalítica]] dos compostos de [[cobre]] nas reaccións de autooxidación". Durante o seu tempo como un investigador postdoctoral na [[Universidade de California, Berkeley|Berkeley]] comezou a traballar coa técnica relacionada recentemente desenvolvida da [[espectroscopia de resonancia magnética nuclear]] para estudar a hidratación dos complexos metais. Cando Wüthrich uniuse aos Laboratorios Bell, foi posto a cargo dun dos primeiros espectrómetros de RMN [[superconductividade|superconductores]], e comezou estudando a estrutura e dinámica das proteínas. El perseguiu esta liña de investigación desde entón.
 
Logo de volver a Suíza, Wüthrich colaborou co premio Nobel [[Richard R. Ernst]] en desenvolver os primeiros experimentos de RMN en duas dimensións, e estableceu o [[efecto nuclear Overhauser]] como un xeito conveniente de medir distancias dentro das proteínas. Esta investigación máis tarde levou á asignación completa de resonancias para o [[inhibidor pancreático de tripsina bovino]] e o [[glucagonglicagón]].
 
Foi premiado con parte do [[Premio Nobel de Química]] en [[2002]] polo seu liderado no traballo en curso, comezado nos anos [[1970|70]], sobre o uso da [[espectroscopia de resonancia magnética nuclear]] multidimensional para estudar a estrutura das [[proteína]]s.