Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Créditos
Liña 102:
 
Boas noites Tiberio. Deixa que che faga un par de comentarios. Non debemos usar na redacción dos artigos a primeira persoa (facemos, dixemos, contamos etc.); supoño que esa forma de escribir será consecuencia de ser profesor. Lembra buscarlle unha categoría ós artigos que vas creando: non sempre é fácil pero buscando conceptos similares enseguida atoparás unha categoría na que encadralos. Procura que as ligazóns internas leven ó artigo ó que queres dirixir, e vixía que non se trate dunha páxina de homónimos (sal, acento, prensa, Ribeiro, Valdeorras). Se dás a "As miñas preferencias" na liña superior da ventá, e aí dás a "Trebellos", unha das opcións é activar o detector de homónimos, de xeito que as ligazóns cara homónimos aparecerán marcadas en amarelo e así podes corrixilas pola ligazón axeitada. No artigo [[Métrica]] escribías que "''Retomemos o exemplo da [[cantiga popular]] de [[Taragoña, Rianxo]]. Dixemos que era unha [[copla]] e que, polo tanto, estaba formada por catro [[verso]]s [[octosílabo]]s''". O caso é que a tal cantiga non se "retoma" senón que vén logo, unhas liñas máis abaixo, e tamén é logo cando "dixemos" que era unha copla. Supoño que no orixinal sí que se citaría esta copla anteriormente, pero non era así no artigo. Bueno. Creo que xa está ben por agora, así que perdoa a tabarra e ánimo. Un saúdo, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 20:37, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)
 
== Créditos ==
 
Ola, Tiberio; movín o artigo "crédito (homónimos)" a [[Crédito]], e quiteille as categorías que lle puxeras, posto que as páxinas de homónimos non van categorizadas.
 
No título do artigo que acabas de crear, "Crédito (Universidade)", penso que debería ser "Crédito académico"; Aínda que ese cómputo é o utilizado para os títulos universitarios, tamén é computable por estudos medios e superiores convalidables (FPs, títulos de idiomas...), e non sei ata que punto o EEES e o ECTS comezarán a aplicarse en España tamén en titulacións das que non existe título universitario, como por exemplo o campo das artes gráficas. Como ves o do cambio de nome?
 
Un saúdo, e parabéns polo choio! --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 00:00, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)