Endemismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Chioglossa lusitanica.004.JPG|leftright|thumb|A [[saramaganta]], endemismo do noroeste da Península Ibérica, ten en [[Galicia]] as súas principais poboacións.]]
'''Endemismo''' é un termo empregado na [[bioloxía]] para indicar que a distribución dun [[taxón]] está limitada a un ámbito xeográfico reducido, non se atopando de forma natural en ningunha outra parte do mundo. Por iso, cando se indica que unha especie é endémica de certa rexión, quérese dicir que só é posible atopala de forma natural nese lugar.
 
== Características ==
O endemismo pode considerarse dentro dun abano moi amplo de escalas xeográficas: deste xeito, un organismo pode ser endémico dun [[montaña|cumio montañoso]] ou dun [[lago]], dunha [[cordilleira]] ou un sistema fluvial, dunha [[illa]], dun [[país]] ou ata dun [[continente]]. Normalmente o concepto aplícase a [[especies]], pero tamén pode empregarse pra outros [[taxón]]s como [[subespecie]]s, variedades, [[xénero (bioloxía)|xéneros]], [[familia (bioloxía)|familias]], etc.