Talo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
UIntrocuciíon ref. a sinónimos, o sinónimo "caule" e arranxei a figura que non se vía
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
Liña 7:
Polo seu xeito de crecemento e de ramificación, o talo determina o porte da planta; tamén ten unha función de sostén da planta e de transporte dos elementos nutritivos entre as raíces e as follas.
 
Un sinónimo usado ás veces, para diferencialo do [[Talo (talófitostalófitas)|talo]] das ''plantas inferiores'' ou [[talófitostalófitas]], é o cultismo '''caule'''.<ref>Véxase no [[VOLG]] '''caule''' ''m'', e tamén '''caulescente''' ''a''; '''caulículo''' ''m''; '''cauliforme''' ''a''; e '''caulinar''' ''a''.</ref>
 
== Arquitectura do talo ==
Liña 24:
O talo é a parte da planta que medra no sentido contrario da raíz. Del saen as pólas ou talos secundarios, as follas, as flores e os froitos.
 
Os talos pódense observar no [[microscopio]] [[electrónico]] grazas a uns cortes transversais finos de talo ou de [[pedúnculo]]s florais. Estes cortes poden ser coloreados para permitir diferenciar as [[célula]]s e os seus constituíntes grazas á dobre coloración: carmín-verde (colorante de Miranda).
 
Este [[colorante]] colorea de [[rosa]] as estruturas [[celulosa|celulósicas]] (como os [[parénquima]]s, o [[floema]] (4) primario e secundario e os [[colénquima]]s ) e en [[verde]] as estruturas que conteñen [[moléculas]] emparentadas cos [[lípido]]s ( [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] suberizados ou lignificados como os parénquimas lignificados, os [[esclerénquima]]s, o [[xilema]] ( 2, 3 ) primario e secundario e en amarelado o [[súber]] (chamado tamén [[codia]])
Liña 32:
* '''A codia''' ( 6 )
 
A codia está constituída por un tecido de revestimento de orixe primaria: a [[epiderme]] (7). Este último componse dunha soa capa de células aliñadas unha á beira doutra; pódense ver os [[estoma]]s de cando en cando para permitir os intercambios gaseosos entre o medio exterior e o talo.
 
Baixo a epiderme atópase o [[parénquima]] cortical, un tecido composto de células máis grosas e menos organizadas. É o lugar onde se realiza a [[fotosíntese]] e pode servir de reserva á planta. A miúdo atópase debaixo un parénquima lignificado (aparece verde no corte) que serve de sostén á planta, é o esclerénquima ( 5 ).
 
* '''O cilindro central'''
Liña 52:
* '''Herbáceos'''. Teñen consistencia de [[herba]], como o trigo (''Triticum vulgare'').
 
* '''Leñosos'''. Teñen consistencia de leña. Neste grupo atópanse as [[mata]]s, que non superan o [[metro]] de altura, como o [[tomiño]] ( ''Thymus vulgaris'' ), os [[arbusto]]s, que teñen entre un e cinco metros de altura, como o [[buxo]] (''Buxus sempervirens'') e as [[árbore]]s que teñen máis de cinco metros de altura, como os [[piñeiro]]s.
 
* '''Subterráneos:'''
 
* '''Os rizomas'''. Talos de lonxitude e grosor variables, que medran horizontalmente a profundidades diversas segundo as especies. Os nós levan follas pequenas, e cada ano producen raíces que penetran no chan e talos aéreos de vida curta, a [[cana]] (''Arundo donax'').
 
* '''Os tubérculos'''. Máis grosos cós rizomas, diferéncianse en que teñen crecemento limitado, non presentan habitualmente raíces e adoitan durar un só período vexetativo. Moitos tubérculos utilízanse na alimentación humana, como a [[pataca]] (''Solanum tuberosum'').
 
* '''Os bulbos'''. Na súa formación intervén un talo moi curto e diversas follas carnosas que o recubren, como nas [[cebola]]s (''Allium'').
 
* '''Aéreos'''. Desenvólvense ao aire. Entre os talos aéreos destacamos os '''rectos''' ou '''ascendentes''', que medran de forma [[vertical]]. Os '''rastreiros''' que medran de xeito [[horizontal]] sobre a terra; algúns producen raíces en diversos puntos chamados [[estolóns]], coma o [[amorodo]] (''Fragaria vesca'').
 
== Utilidade do talo ==