Xeomancia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
engadín categoría
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Geomantic instrument Egypt or Syria 1241 1242 CE Muhammad ibn Khutlukh al Mawsuli.jpg |thumb|250px|Instrumento xeomántico do [[Antigo Exipto|Exipto]] ou de [[Siria]] ([[1241]]-[[1242]]). Museo británico.]]
[[Ficheiro:Geomantic instrument Egypt or Syria 1241 1242 CE detail 1.jpg|thumb|250px|Detalle do instrumento de arriba.]]
[[Ficheiro:Geomantic figures.svg|thumb|250px|As dezaseis [[Xeomancia|figuras xeománticas]].]]
 
'''Xeomancia''' é unha técnica de [[adiviñación]] fundada na análise de figuras compostas pola combinación de catro puntos simples ou duplos. Estes puntos obtéñense pola observación de pedras ou outros obxectos guindados sobre unha surperficiesuperficie plana ou situados nun espazo determinado, por lanzamento de dados,<ref>Dom Neroman, ''La géomancie retrouvée'', éditions Sous le Ciel, 1948</ref> pola observación de trazos debuxados na area cun pau, ou sobre un papel,<ref>Robert Fludd, ''Traité de Géomancie'', tradución francesa de ''de geomantia'' por Pierre Piobb, éditions Dangles, 1947.</ref> ou mesmo pola observación de elementos dispostos na natureza sen intervención humana.
 
Os oráculos xeománticos baséansesbaséanse nunha serie de 16 figuras, cada unha composta de catro liñas de puntos, pares ou impares. Por diferentes combinacións simples, as figuras desenvólvense nun diagrama ou grafo destinado á interpretación. O significado das figuras xeománticas, as súas posicións no grafo obtido, e as relacións no interior do grafo das figuras (repeticións, oposicións, etc...) téñense en conta para a interpretación.<ref>Os misioneiros cristiáns que percorreran [[China]] no [[século XIX]] traduciron indebidamente a noción de [[feng shui]], parte importante do pensamento chinés, por "xeomancia", tradución que se aceptou durante decenios nas linguas occidentais. Pero esta confusión de vocabulario case desapareceu desde os anos 1970.</ref>
 
Practicada pola xente de todas as clases sociais, foi unha das máis populares formas de adiviñación en [[África]] e [[Europa]] na [[Idade Media]] e no [[Renacemento]], publicándose libros e tratados de xeomancia até o [[século XVII]]. Recentemente xurdiu un novo interese por ela nas obras de John Michael Greer e outros practicantes.
 
Existen varias prácticas africanas, algunhas próximas a prácticas de influenza árabe, pero tamén unha expresión que está na orixe do [[vudú]] a través do deus Fa (ou Ifa) deus da adiviñación. Nesta versión, as dezaseis figuras considéranse por pares, o que dá 256 combinacións. Parece que máis que un sistema de adiviñación, trátase dun sistema moi elaborado de pedagoxía subministrado polo deus Fa e algunhas outras divinidasdivindades destinado a pobos que non tiñan escritura e nos que todo debía conservareseconservarse na memoria. Hai que sinalar que estas divinidadesdivindades se superpoñen aos deuses propiamente [[animismo|animistas]].
 
==Etimoloxía==
O termo está tirado directamente do [[latín|baixo [[latín]] ''geomantia'' ('adiviñación pola terra') préstamo do [[grego]] γεωμαντεία, tradución da palabra [[árabe]] ''‛ilm al-raml'', ou 'ciencia da area'. Outros nomes árabes da xeomancia son ''khatt al-raml'' e ''darb al-raml''.<ref>Skinner, Stephen (1980): ''Terrestrial Astrology: Divination by Geomancy''. London: Routeledge & Kegan Paul.</ref>
 
Esta palabra difúndese en Europa a principios do [[século XIV]], especialmente a través dun dos relatos das viaxes de [[Marco Polo]] (capítulo CLXXIV do ''Devisement du monde'' ou ''O libro das marabillas do mundo''.<ref>Rustichello redactou nun dialecto franco-véneto o libro coñecido como ''Il Milione'' ('O millón' ou 'As viaxes de Marco Polo') acerca das viaxes do famoso veneciano. O libro chamouse orixinalmente ''Divisament du monde'' ('Descrición do mundo'), pero popularizouse como ''Libro das marabillas do mundo'' e, máis tarde, como ''Il Milione''. É crenza xeral que tal nome veu da tendencia do autor a referirse a grandes cantidades, "millóns", pero é máis probábel que derivase do seu propio nome, "Emilione", abreviado en Milione)</ref>
 
O termo era, porén, coñecido anteriorementeanteriormente, porque apereceuapareceu cedo en francés, contra [[1333]], na forma ''geomancie'',<ref>Na actualidade é ''géomancie''.</ref> na tradución manuscrita do ''Miroir Historial'' de Vincent de Beauvais redactada por Jean de Vignay a petición do rei de Francia [[Filipe VI de Francia|Filipe VI de Valois]].
 
==Historia==
A orixe real deste tipo de oráculo permañecepermanece descoñecida. Certos autores pensan que é de orixe [[Persia|persa]], mentres que outros falan dunha orixe [[Arabia|árabe]]. O modo de construción das figuras e a súa situación no conxunto do oráculo, sempre de dereita a esquerda, son, en todo caso, a marca dun pobo que facía uso dunha escritura de dereita a esquerda, e que a lingua fora de orixe [[Linguas semíticas|semítica]], árabe ou non (persa).
 
A xeomancia ten as súas raíces no [[Oriente Medio]] cando os comerciantes árabes retornaban, a través da [[ruta da seda]], do [[Extremo Oriente]], e os nomes orixinais das súas figuras son árabes (desde a Idade Media, úsanse as traducións latinas destes nomes).
Liña 52:
 
===Outros artigos===
* [[Adiviñación]].
* [[Ciencias ocultas]].
* [[I Ching]].
* [[Mancias]].
* [[Maxia]].
* [[Ocultismo]].
 
===Ligazóns externas===
* [http://www.renaissanceastrology.com/astrologicalgeomancy.html Astrological Geomancy] {{en}}.
* [http://www.princeton.edu/~ezb/geomancy/geohome.html Medieval Geomancy] {{en}}.
* [http://www.serenapowers.com/geomancy.html Serena Powers. Serena's Guide to Divination] {{en}}.
 
[[Categoría:Maxia]]
[[Categoría:Maxia e ocultismo]]
 
[[cs:Geomantie]]