Eliseo Alonso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Retiro aviso En progreso. Ten bastante contido
arranxiño
Liña 1:
'''Eliseo Alonso Rodríguez''', nado en [[Goián, Tomiño|Goián]], ([[Tomiño]],) o [[1 de marzo]] de [[1924]] e finado na [[Habana]] o [[18 de novembro]] de [[1996]], foi un escritor [[Galicia|galego]] en [[Lingua galega|galego]] e [[lingua castelá|castelán]].
 
==Traxectoria==
Liña 13:
Como poeta, publicou só dous libros en galego: ''Cantos de cotovía'' (1950), cun limiar de [[Xosé María Álvarez Blázquez|Álvarez Blázquez]], e ''Seara de romances'' (1952). En castelán tamén escribiu o poemario ''Tiempo y camino'' (1974). Bastantes poemas non recollidos en libro viron a luz en revistas hispánicas e americanas.
Da súa obra poética di [[Francisco Fernández del Riego]]: "... ''sinala un despegue das formas esteticistas e popularistas cara a unhas formas máis libres, inda que barrocas, no aspecto formal''". E [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], da súa poesía última: "... ''É dun bronco expresionismo caricaturesco (con ecos valleinclanescos ou de [[Camilo José Cela]]) e dun sentimentalismo donde e case envergoñado... (nela) latexa a vivencia radical da morte en canles expresivas xocundas e libérrimas''".
 
A primeira edición de ''Contos do Miño'', feita en Bos Aires, foi recomendada por [[Otero Pedrayo|Ramón Otero Pedrayo,]], quen di destes relatos: "Son agromados na petrucial carballada. E como toda primaveira teñen seus fondos ecoares de tristura"<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/02/25/979662.shtml/ Cita] na edición deste libro que fixo ''La Voz de Galicia''.</ref> .
 
==Lingua==
Liña 32:
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de España]]
[[Categoría:Nados en Tomiño]]