Adenosín monofosfato cíclico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 27:
Outras proteínas distintas das proteina quinases A, que son activadas polo AMPc son as Epac (proteínas de intercambio activadas por AMPc). As Epac conteñen un dominio GEF (factor de intercambio de guanina), que se activa cando se une o AMPc á outra zona da Epac, o que permite que a Epac poida activar a outras proteínas.
 
==== En bacterias ====
Nas [[bacteria]]s o nivel de AMPc varía dependendo do medio usado para o seu crecemento. En concreto, o nivel de AMPc está baixo cando a fonte de carbono é a [[glicosa]]. Isto sucede debido á inhibición do encima que produce o AMPc, a adenil ciclase, como un efecto colateral do transporte de glicosa ao interior da célula. O factor de transcrición CRP [[proteína receptora de AMPc]], tamén chamado CAP (proteína activadora de xenes por catabolito), forma un complexo co AMPc e dese modo dito factor queda activado para unirse ao ADN. O CRP-AMPc fai incrementar a expresión dun grande número de xenes, incluíndo os dalgúns encimas, que poden intervir no subministro de enerxía a partir de fontes distintas da glicosa.