Bautismo anticipado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ligando nai
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 8:
A muller colocábase no centro da ponte, esperando, e os acompañantes nas dúas entradas á ponte. Estes debían impedir que ninguén, persoa ou animal, cruzase a ponte ata as doce en punto.
 
Chegada a hora, convidaban ó primeiro home ou muller que se achegara a se-lo [[padriño]] ou [[madriña]] neste particular bautizo: "''¡Home / muller de boa ventura, bautízame esta criatura!''". [[Antón Fraguas Fraguas|Fraguas]] recolleu unha variante na que se lle pedía "''enxéndrame esta criatura''", entendendo aquí por ''enxengrarenxendrar'' a rexeneración por medio da auga bautismal.
 
A invitación debía ser voluntaria, sen forzar nin obrigar a ninguén, pero se non aceptaba, non se lle permitía o paso. Cando un viandante aceptaba o encargo, o cal era o habitual por ser tido como unha obra de caridade, achegábase el só ata a muller, ó medio da ponte, e co cubo que esta lle entregaba, collía un pouco de auga do río. Logo verquía a auga sobre o ventre da muller, directamente ou, ás veces, cun hisopo feito dunha póla de [[oliveira]], á vez que recitaba as mesmas palabras que pronunciaría o [[crego]] nun bautizo normal: "''No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo''", pero coidando de non rematar, nin el nin ninguén, coa palabra "''Amén''" pois, se o fixera, o neno non nacería.