Cromoplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Nos [[cloroplasto]]s fotosintéticos os [[carotenoide]]s tamén existen e úsanse como pigmentos accesorios na captación de luz na [[fotosíntese]] (os principais son as clorofilas), xa que incrementan a eficacia na captación de luz nos [[fotosistemas]]. O cambio de cor das [[folla]]s en outono débese á perda das clorofilas verdes que enmascaraban os carotenoides que estaban xa presentes na folla, sen que se sinteticen cantidades importantes de novos carotenoides. Por tanto, o cambio nos pigmentos dos [[plasto]]s asociados coa [[senescencia das follas]] é diferente da conversión activa de pigmentos observada nos cromoplastos de froitos e flores.
 
Os cromoplastos orixínanse a partir da transformación de cloroplastos, que perden a clorofila e acumulan carotenoides, como sucede durante a maduración de moitos froitos ([[tomate]], [[laranxa]]), mais tamén poden orixinarse a partir de [[proplastosproplastidio]]s indiferenciados. Nalgúns casos o cromoplasto pode converterse en cloroplasto, como sucede na parte superior das raíces de [[cenoria]] que quedan expostas á luz.
 
O termo cromoplasto tense usado en ocasións nun senso amplo para designar calquera tipo de plasto pigmentado, o que incluiría no termo tanto aos cromoplastos coma aos cloroplastos, para así distinguilos dos plastos non pigmentados ou incoloros, chamados [[leucoplasto]]s, como os [[amiloplasto]]s. Non obstante, o termo cromoplasto é moito máis a miúdo usado nun senso máis estrito como plasto coloreado que non contén clorofila.