Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
de en.wiki
Liña 64:
 
==== Éxito comercial ====
O matrimonio entre Love e Cobain durou ata [[1994]], cando no mes de abril Cobain foi atopado morto na casa da parella en [[Seattle]] cun disparo na cabeza co cal se suicidou. Os dous estiveran en centros de rehabilitación distintos en [[California]] nesa época debido ao seu abuso da heroína; Cobain abandonou o centro durante o tratamento e desapareceu, regresando a [[Seattle]] sen dicirllo a ninguén. O seu corpo atopouse o día [[8 de abril]], catro días antes da edición do segundo álbum de [[Hole]], ''[[Live Through This]]''. Celebrouse un memorial por Cobain dous días despois no Seattle Center, cunha mensaxe pregrabada de Love lendo a nota de suicidio de Cobain. Preto do final da vixilia Courtney chegou ao parque e entregou roupa de Kurt aos que aínda quedaban alí.
 
A traxedia na vida persoal de Love ocorreu durante o maior logro de [[Hole]] ata o momento; ''[[Live Through This]]'', gravado no outono de [[1993]] en [[Atlanta]], podía atraer moita atención, non só por ser o primeiro álbum comercial da banda, senón tamén pola coincidencia da súa aparición aos poucos días da morte de [[Kurt Cobain]]. O álbum contaba cunha nova formación, con [[Kristen Pfaff]] no baixo e [[Patty Schemel]] na batería; [[Jill Emery]] e [[Caroline Rue]] deixaran o grupo en [[1992]]. Menos de dous meses despois do lanzamento do disco, o [[16 de xuño]], Kristen Pfaff morreu dunha suposta sobredose de heroína. Love recrutaría entón á baixista de 22 anos [[Melissa Auf der Maur]] para a xira que irían empezar. Durante os meses previos a esta xira, Love raramente apareceu en público.
 
{{Hole}}