Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-05-2011/Encontros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m pequenos arranxos de lingua
mSen resumo de edición
Liña 14:
Xuntámonos diante do concello [[Usuario:Estevoaei|Estevoaei]], [[Usuario:Paradanta|Paradanta]], [[Usuario:Lameiro|Lameiro]], [[Usuario:Beninho|Beninho]], [[Usuario:Iago Pillado|Iago]], [[Usuario:Furado|Furado]] e [[Usuario:Elisardojm|eu]].
 
Xusto ó lado do concello visitamos as [[Museo_Provincial_de_Pontevedra#Ru.C3.ADnas_de_Santo_Domingo|ruínas do Convento de Santo Domingo]], un conxunto de restos arquitectónicos e escultóricos que no seu tempo debeu ser unha das marabillas do contorno. Logo puxémonos a pasear ata a [[Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra|Basílica de Santa María a Maior]], outra xoia da cidade que foi onde fixemos o ''roubado'' para a posteridade :). Seguimos camiñand,camiñando e, mentres falabamos de todo un pouco, da cidade de Pontevedra, de fotografía, de arquitectura, de historia e que sei eu!, pasamos tamén polo [[Museo de Pontevedra]] e visitamos así tres dos [[BIC]] dos moitos que [[Lista_de_monumentos_da_provincia_de_Pontevedra#Pontevedra|ten a cidade]].
 
Chegando á praza de San Xosé atopamos que estaba aberta a exposición "Pórtico da Gloria. Misterio e sentido", co que non houbo moito que falar para poñernos de acordo en visitala. Achegámonos así á [[Catedral de Santiago]] precisamente nos días que estaba a ser proposta para [[Wikipedia:Sobre_Galicia/Votacións#Catedral_de_Santiago_de_Compostela|artigo sobre Galicia]], ¿casualidade?, eu non o creo... ;)