Club Deportivo Arquitectura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O '''Club Deportivo Arquitectura''' é un equipo madrileño de rugby, 9 veces campión da Liga Española de rugby e 6 veces gañador da [[Copa do Rei de Rugby|Copa..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de abril de 2011 ás 14:27

O Club Deportivo Arquitectura é un equipo madrileño de rugby, 9 veces campión da Liga Española de rugby e 6 veces gañador da Copa de España, fundado no ano 1970, e que durante a tempada 2010-2011 xogou en División de Honra B. O clube é coñecido como La Escuela, e as cores do equipo son o vermello e o branco.

Historia

As orixes do clube remóntanse á década dos anos 30, cando na Escola Superior de Arquitectura de Madrid. En 1931 xurdiu o primeiro equipo de rugby dos alumnos desta facultade, que se proclamou campión universitario naquel mesmo ano. Ata a fundación do clube, foron 19 os títulos universitarios acadados polo equipo da Facultade de Arquitectura. 1963 foi o primeiro ano no cal o equipo se federou, nunha progresión de crecemento que levou á fundación do actual Club Deportivo Arquitectura en 1970.

Na tempada 1971/72, o equipo logrou o ascenso para competir na División de Honra, da cal non descendería ata a tempada 1997/98, acadando polo camiño 9 títulos de liga, nos anos 1974, 1975, 1977, 1981, 1982, 1986, 1988, 1990 e 1995.

Tralo descenso, CD Arquitectura volveu a xogar na máxima categoría durante as tempadas 1999/2000 e 2004/2005, quedándo na última posición ámbalas dúas veces, co resultado do descenso a División de Honra B.

Véxase Tamén

Outros Artigos

Ligazóns Externas