Concello de Lavadores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
bibliografía
Liña 4:
Lavadores ocuparía o sector interior [[leste|oriental]] do termo actual de [[Vigo]], e formaríano as parroquias de [[Beade, Vigo|Beade]], [[Bembrive, Vigo|Bembrive]], [[Candeán, Vigo|Candeán]], [[Cabral, Vigo|Cabral]], [[Teis, Vigo|Teis]], [[Valadares, Vigo|Valadares]], [[Zamáns, Vigo|Zamáns]], e por suposto [[Lavadores, Vigo|Lavadores]]. A súa extensión era de 56 km<sup>2</sup>.
 
O lugar contaba con moitos lavadoiros, ademais de fontes e muíño{{cómpre referencia}}. De todas as súas parroquias a única costeira era a de [[Teis]] namentres que o resto se estendía dende [[Santa Cristina de Lavadores, Lavadores, Vigo|Santa Cristina de Lavadores]], que era o núcleo capital do concello, ao longo de todo o [[Val do Fragoso]]. A poboación do concello de Lavadores estaba composta durante o [[século XIX]] na súa maior parte por agricultores. Viviu intensamente a principios do [[século XX]] o [[agrarismo]] e a loita dos [[Foro (contrato)|foros]]. Andado o século o Concello acollerá boa parte da clase [[obreirismo|obreira]] empregada nas fábricas de [[Vigo]], o que dará pé a un forte movemento obreiro.
 
==Historia==
Liña 10:
 
Por outra parte, a carencia de servizos en Lavadores e as obras sempre aprazadas por falta de [[orzamento|presupostos]] obrigaba os veciños a recorrer a [[Vigo]], o que levou a [[Beade, Vigo|Beade]] no ano [[1925]] a pedir a súa anexión a [[Vigo]], aínda que non o logrou, e a [[Bembrive, Vigo|Bembrive]] a converterse nunha [[entidade local menor]] con Xunta Administrativa de seu no ano [[1931]]. Catro anos máis tarde, no [[1935]], [[Teis, Vigo|Teis]] independizouse de Lavadores. Coas casas e os termos de [[Vigo]] e de Lavadores confundíndose, a finais do ano [[1940]], o alcalde de Lavadores, naquel entón [[Xesús Fernández Fernández]], fíxolle a proposta ao seu vecindario de anexionarse á cidade de [[Vigo]], e o día [[16 de abril]] de [[1941]] Lavadores uniu os seus destinos aos de Vigo. O novo concello ampliouse en 56 [[quilómetro cadrado|quilómetros cadrados]] e en máis de 39.000 habitantes por aquel entón.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
{{Cita libro| autor =Giráldez Rivero, Xesús| título =O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica| ano =2007| publicación =Pontevedra: Deputación de Pontevedra| id = ISBN 978-84-8457-281-1}}
 
[[Categoría:Concellos galegos desaparecidos|Lavadores]]