Torre de Bermúdez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Museo-valle.jpg|thumb|300px|Entrada ó Museo Valle-Inclán.]]
A '''Torre de Bermúdez''' é un edificio civil de estilo [[renacentista]] situado no concello da [[Pobra do Caramiñal]] ([[provincia da Coruña]]). Foi declarado Monumento histórico-artístico de interese nacional o 17 de febreiro de 1976<ref name="boe">[http://www.boe.es/boe/dias/1976/02/17/pdfs/A03316-03317.pdf Boletín Oficial del Estado]: martes 17 de febrerofebreiro de 1976, Núm. 41</ref> tanto pola súa relación coa figura [[Ramón María del Valle-Inclán]] coma polas súas cualidades artísticas.
 
==Historia==
O primeiro documento onde se menciona esta construción, escrito en 1751 por Miguel Joseph González Soldado, asegura que eran propietarios do edificio o mercader Juan Domínguez Giance e mais a súa muller Constanza Domínguez de Búa. É por isto polo que se lles atribuéatribúe tradicionalmente a súa construción a mediados do século XVI, unha época especialmente esplendorosa no Caramiñal, que en 1554 fora elevada á categoría de vila por Gómez Pérez das Mariñas, señor do lugar e rexedor da cidade de [[Santiago de Compostela]]. Porén, algunhas fontes ven difícil que o señor do Caramiñal lle permitise a un vasalo construír unha edificación tan sigularsingular, e apunta ben ao propio Gómez Pérez das Mariñas como promotor da construción, ben á cesión do edificio ou do seu solar a cambio dun contrato de [[foro]], aténdose a determinadas condicións. <ref>http://desdeacurota.wordpress.com/2010/10/28/mestres-canteiros-de-gran-fama-construian-pazos-en-caraminal/</ref>.
 
O edificio estivo logo vinculado á familia de [[Ramón María del Valle-Inclán]], xa que serían os seus pais [[Ramón del Valle-Inclán Bermúdez de Castro]] e Dona Dolores de la Peña y Montenegro os derradeiros residentes.
Liña 14 ⟶ 15:
Coa crise que supuxo a escaseza de sardiña, a industria de salazón do concello arruinouse, facendo que o antigo pazo deixase de ser un almacén para converterse nunhas meras ruínas.
 
Finalmente, en 1981 o inmoble pasou a ser propiedade do Concello de [[A Pobra do Caramiñal]], que o restauraría e convertiríaconvertería na actual sede do [[Museo Valle-Inclán]], primeiro museo integramente adicado ao escritor galego.
 
==Estilo arquitectónico==
[[Ficheiro:Torre bermudez.jpgJPG|rightthumb|400px300px|Torre Bermúdez.]]
A Torre de Bermúdez pertence á corrente artística [[renacentista]] coñecida co nome de [[plateresco]]. O pazo cobra especial importancia por ser un dos poucos exemplos de pazos renacentistas galegos conservados na actualidade.
 
Hoxe, a parte antiga da cosntruciónconstrución divídese en dous corpos principais; un de menor tamaño, que conta con dúas portas, unha adintelada e outra, de arco de medio punto, sobre a repisa da escaleira. Adosada a este corpo atópase a torre propiamente dita, con tres alturas e unha soa porta de arco de medio punto, con pilastras e frontón, que dá acceso ao actual museo.
 
Por outra banda, arredor das ventás, descentradas unhas con respecto ás outras nos distintos corpos, atópase a escasa carga decorativa a base de motivos vexetais, frontóns, pilastras ou medallóns con bustos humanos e heráldicas.
Liña 27 ⟶ 28:
 
Porén, máis que a intervención directa do arquitecto, algunhas fontes <ref>[http://books.google.es/books?id=twKxboDalGYC&pg=PA48&dq=gil+de+honta%C3%B1%C3%B3n+torre+berm%C3%BAdez&hl=gl&ei=bxiETaq7HYKzhAfT2-myBA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCcQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false] Germán Ramallo Asensio, Begoña Alonso Ruíz: Arquitectura Señorial del norte de España</ref>
apuntan o encargo da súa construción a Juan Pérez, aparexadoraparellador da [[Fachada do Tesouro]] e que se atopaba neses momentos a realizar obras na igrexa de [[Santa María do Xobre]], parroquia veciña á do Caramiñal, que tamén estaba baixo o señorío de Xunqueiras.
 
Na época moderna, ao edificio engadiuselleengadíuselle unha terceira construción contigua e, tras a compra do inmoble polo Concello, incorporouse unha balaustrada de pedra nas escaleiras exteriores, con motivos vexetais.
 
==Uso actual==
Logo de quedar atrás o seu pasado como vivenda particular e a súa posterior utilización como almacén de salazón, o conxunto alberga desde 1987 a sede do Museo Valle-Inclán, onde se mostran, entre outras cousas, as primeiras edicións das obras do escritor, algúns enseres e cartas personaispersoais do dramaturgo e todo tipo de elementos relacionados coa súa vida e obra, tales como vestuariovestiario orixinal utilizado na representación dalgunha das súas obras teatrais.
 
A planta superior do edificio contiguo moderno conta actualmente cun auditorio público.
Liña 38 ⟶ 39:
== Notas ==
{{listaref}}
 
[[es:Torre de Bermúdez]]
 
[[Categoría:Pazos e casas grandes de Galicia]]