Xogos Olímpicos de 1904: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m *inscripción > inscrición
Liña 25:
Os '''III [[Xogos Olímpicos]]''' realizáronse na cidade de [[Saint Louis]], no estado de [[Missouri]], [[Estados Unidos]]. Da mesma maneira que os Xogos anteriores en [[París]], estes foron novamente integrados a unha grande exposición e feira de negocios, desta vez a ''Louisiana Purchase Exhibition'', sen ningunha relación co deporte. Tamén como en París, os Xogos alongáronse durante cinco meses, sendo inaugurados o [[1 de xullo]] e tendo a súa clausura o [[23 de novembro]] de [[1904]].
 
== Historia e características ==
Indignado coa situación, que en todo repetía a desorganización e a lixeireza amosada nos Xogos de París catro anos antes, [[Pierre de Coubertin]], mesmo recibindo unha carta do Presidente [[Theodore Roosevelt]] implorando a súa presenza, recusouse a comparecer a St. Louis para a cerimonia de apertura e permaneceu en [[Europa]].
 
Liña 45 ⟶ 46:
* Talvez o máis pitoresco de todos os participantes destes Xogos fora o cubano ''Felix Carvajal'', un carteiro d'[[A Habana]]. ''Felix'', un home moreno de 1,50 de altura e grandes bigotes, despois dunha verdadeira odisea para ir de [[Cuba]] até [[St. Louis]], apareceu na saída da proba vestindo boina, camisa e calzando un [[coturno]].
[[Ficheiro:Carvajal1904.jpg|thumb|right|150px|Felix Carvajal no [[maratón (atletismo)|maratón]] de [[Saint Louis]]]]
Os organizadores obviamente tentaron impedir a súa participación, mais atletas americanos, simpatizando e apiedados do pequeno [[cubano]], axudáronlle a transformar a súa vestimenta en algo parecido a un equipamento deportivo. ''Carvajal'' chegou en cuarto lugar na proba e talvez puidese até ter gañado unha [[medalla]] se non se detivera ocasionalmente durante o transcurso para conversar con xentes, rapiñar pexegos ou invadir un pomar de mazás na procura de alimentos, o que lle causou un grande [[cólico]] estomacal á fin da proba pois as froitas estaban verdes. ''Felix'' transformouse no pequeno heroe e [[mascota]] dos seus adversarios, que se cotizaron para lle pagar a pasaxe de volta a [[Habana]] e lle deron de regalo unha placa de [[prata]], coa inscripcióninscrición: ''”A Felix, o IV, o máis glorioso vencido da historia dos Xogos”''.
 
* O ximnasta ''George Eyser'', dos [[EUA]], foi un dos máis incribles atletas dos Xogos de St. Louis, conquistando seis medallas de [[ouro]], sendo que a súa perna esquerda, debido a unha amputación na infancia, era unha perna de pau.
Liña 137 ⟶ 138:
| 0 || 0 || 1 || 1
|}
 
 
'''''Obs:''''' Equipos mixtos, permitidas na época, formados por atletas norteamericanos e cubanos, conquistaron 1 [[medalla]] de [[ouro]] e 1 medalla de [[prata]], en [[Atletismo]] e en [[Esgrima]].