Francisco Xavier Balmis: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
*vintedous -> vinte e dous |
||
Liña 10:
===A Real Expedición Filantrópica da Vacina===
De volta en España, grazas aos seus coñecementos e á súa traxectoria profesional, foi nomeado cirurxián de cámara de [[Carlos IV de España|Carlos IV]]. Convenceu a El-rei para enviar unha expedición a América co obxectivo de propagar a vacina da varíola, acabada de descubrir. Balmis liderou a expedición, que partiu do porto da [[Coruña]] o 30 de novembro de [[1803]] na goleta ''María Pita'', cunha pasaxe formada por un fato de
Na Cidade de México, a Balmis custoulle convencer ao vicerrei [[José de Iturrigaray]], pero finalmente el e o seu fillo foron vacinados. En setembro de [[1805]] Balmis partiu a bordo do ''Magallanes'' do porto de [[Acapulco]] cara a [[Manila]], capital de [[Filipinas]], de alí foi á entón colonia portuguesa de [[Macao]] e a [[China]], e desembarcou en Lisboa o 14 de agosto de [[1806]]. Volvería a México novamente en [[1810]], para levar de novo a vacina, case desaparecida polo descoido das autoridades.
|