Hematofaxia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 2:
A '''hematofaxia''' é o hábito de alimentación daqueles animais que chuchan o [[sangue]] a outros animais. Representa unha forma especializada de [[parasitismo|ectoparasitismo]].
 
== Características ==
Entre os casos máis notables de hematófagos están os mosquitos, dos que só as femias son hematófagas, as carrachas, as pulgas, piollos da cabeza, algúns morcegos ([[familia (bioloxía)|subfamilia]] ''[[Desmodontinae]]'') aos que se chama [[Vampiro (animal)|vampiros]], ou as [[samesuga]]s. Estas foron empregadas para a práctica de "sangrías", drenaxe controlada de sangue con fins médicos.
 
=== Transmisión de enfermidades ===
Os hematófagos son frecuentemente vectores de enfermidades infecciosas, de xeito que a miúdo é sobre eles sobre os que se centran os esforzos de erradicación. Entre os casos máis notables están a [[malaria]], transmitida por mosquitos do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Anopheles]]'' (ver fotografía); as tripanosomiases, como a enfermidade do soño, transmitida por moscas ou a [[enfermidade de Chagas]], transmitida por [[Hemiptera|chinches]] da familia ''[[Reduviidae]]''; a [[enfermidade de Lyme]], transmitida por [[carracha]]s; ou a [[leishmaniase]] (ou kala azar) transmitida por pequenos [[Diptera|dípteros]] da familia [[Phlebotomidae]].
 
=== Parasitos hematófagos ===
 
Especies que se alimentan total ou parcialmente de sangue, de animais ou humanos:
[[Samesuga]]s, [[chupasangre]]s, [[carracha]], [[piollo]], [[ladilla]], [[chinche]], [[pulga]], [[pulga humana]], [[mosquito]], [[Phlebotomus papatasi]], [[tábano]], [[mosco escavador da pel]], [[Sarcoptes scabiei|arador da sarna]], [[Tenia|tenias intestinais]], [[lamprea]], [[vampiro (animal)|morcego vampiro]].