Clonación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
*[[Fragmentación xenética|Fragmentación]]: inicialmente, o ADN de interese precisa ser fragmentado para prover un segmento relevante de ADN dun bo tamaño. A preparación dos fragmentos para a clonación obtense frecuentemente do [[PCR]], pero tamén pode facerse por medio da [[dixestión xenética|dixestión]] con [[enzimas de restrición]] e ás veces fraccionando con [[electroforese]] en xel.
*[[Ligazón]]: un procedemento de ligazón emprégase cando o fragmento amplificado se insire nun [[vector biolóxico|vector]]. Dito vector (que xeralmente é circular) convértese nunha secuencia lineal utilizando enzimas de restrición, e é incubado co fragmento de interese baixo as condicións apropiadas cunha enzima chamada [[ADN ligasa]].
*[[Transfección]]: despois da ligazón, o vector co xenxene de interese transfírese a unha [[célula]]. Comunmente utilízase a [[electroporación]], aínda que existe un gran número de técnicas alternativas.
*[[Selección]]: as células transfectadas cultívanse. Como este procedemento actualmente considérase de baixa eficiencia, débense identificar as colonias de células que foron transfectadas con éxito co vector que contén o xene desexado.