Recuperatio Imperii: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.; cambios estética
Liña 3:
'''''Recuperatio Imperii''''' é un programa militar ideado polo Emperador bizantino [[Xustiniano I]] co fin de recuperar os territorios que conformaran antigamente o [[Imperio Romano de Occidente]] e que agora estaban baixo o poder dos bárbaros. A reunificación do [[Imperio romano]] era unha idea popular naqueles tempos, xa que é unha formulación que responde aos sentimentos estendidos entre amplas capas da poboación de Occidente (sobre todo entre o elemento senatorial urbano e sectores vinculados coa administración) e en parte do goberno do Imperio oriental, que intelectualmente xoga coa continuidade imperial en Occidente; de feito, o sentimento de ''romanitas'' encóntrase - no século VI - amplamente estendido por todo o Imperio e é correspondido pola ideoloxía oficial do goberno imperial - segundo a cal este non se afundiu en Occidente senón que os bárbaros gobernan alí en nome do Emperador de Oriente - e por parte da ''intelligentia'' de Constantinopla (por exemplo, é o caso do escritor [[Xoán Lido]], contemporáneo de Xustiniano).
 
Estes sentimentos son aproveitados pola administración de Xustiniano I para realizar, precisamente, unha política en consonancia con eles (fose sincera ou interesada). Este programa foi dirixido polo brillante militar bizantino [[Belisario]], e conseguiu recuperar o norte de África, o sur da penínsulaPenínsula Ibérica e a práctica totalidade de Italia. Nas tres invasións de conquista do programa o Imperio usou sempre a escusa de que os seus intereses na rexión foran violados (case sempre co destronamento ou morte dun rei favorábel ao Imperio) para así efectuar a invasión e posterior conquista.
 
Porén, o [[Imperio bizantino]] quedou debilitado para os retos do futuro e ademais, a facenda bizantina quedou baleira tras os monumentais gastos de Xustiniano para as súas campañas de conquista en Occidente e as súas grandes construcións arquitectónicas, como a [[igrexa de Santa Sofía]]. Os seus sucesores non poderían afrontar o reto de dirixir un Imperio atacado en todas as frontes e terminarían por perder gran parte das conquistas de Xustiniano I, e peor aínda, perderen Siria, Palestina e Exipto, que constituían gran parte do Imperio bizantino, a mans dos [[árabes]].
Liña 14:
 
== Ligazóns externas ==
* [http://ideasapiens.blogsmedia.com/roma/Bizancio/insurreccion%20de%20la%20Nika3.htm La insurrección de la Nika''], por Jorge Romero Gil.
 
[[Categoría:Bizancio]]
 
[[es:Recuperatio Imperii]]