Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
Liña 12:
 
== Contexto ==
Gran parte da [[penínsulaPenínsula Ibérica]] fora dominada polos árabes, e as relixións do sur, particularmente os territorios do antigo [[Reino de Granada]], tiñan unha grande poboación [[Musulmán|musulmá]]. Até [[1492]], Granada permaneceu baixo dominio árabe. As grandes cidades, en especial [[Sevilla]] e [[Valladolid]], en Castela, e [[Barcelona]] na Coroa de Aragón, tiñan grandes poboacións de xudeus, que habitaban nas chamadas "[[xudería]]s".
 
Durante a Idade Media, produciuse unha cohesión relativamente pacífica -aínda que non exenta de incidentes- entre cristiáns, xudeus e musulmáns, nos reinos peninsulares. Había unha longa tradición de servizo á Coroa de Aragón por parte dos xudeus. O pai de Fernando, [[Xoán II de Aragón]], nomeou a [[Abiathar Crescas]], un xudeu, [[astrónomo]] da Corte. Os xudeus ocupaban moitos postos importantes, tanto relixiosos como políticos. Castela incluso tiña un [[rabino]] inoficial, un xudeu practicante.