Britanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
Liña 21:
 
== Migracións célticas na [[Alta Idade Media]] ==
A partir de mediados do [[século V]], novos invasores xermánicos, os [[Anglosaxóns]] desprazaron progresivamente os bretóns do Sur e do Leste para o Oeste da illa de Bretaña, mentres os irlandeses efectuaban ataques sobre a costa occidental de Bretaña (foi con ocasión dun destes ataques cando foi capturado [[San Patricio]] que era bretón). Acabaron por fundar verdadeiros principados nas costas galesas e escocesas. Se os primeiros foran a final esmagados, os segundos fundaran a Escocia pola fusión do Dal Radia cos reinos britónicos do Norte. Durante este período, sobre o cal faltan fontes fiábeis (son as « épocas escuras » ou ''Dark Ages'' da [[historiografía]] inglesa), as poboacións celtas pouco romanizadas estabeleceran numeroso « reinos célticos » na illa, nomeadamente no [[País de Gales]], entanto outros emigraran para [[Irlanda]]. De resto, nisto áchase probabelmente a causa primeira, dunha emigración en mase de bretóns cara a península [[Armórica|armoricana]], que de aí acabou tomando o nome de [[Bretaña]]. Outra parte, menor, chegou a atinxir as costas setentrionais da [[Galiza]], na [[penínsulaPenínsula Ibérica]], onde fica documentado un bispo [[Mailoc]] ou Maeloc, posibelmente do celta ''Mach Low'' (latinizado [[Maclou]] na [[Galia]]), e onde fundan o bispado-[[Diocese de Britonia]], que lembra o seu país de orixe, e que se acostuma identificar con a actual [[Bretoña]], no concello de lucense de [[A Pastoriza]] (hai ademais varias Bretoñas máis na Galiza, que sen dúbida teñen a mesma orixe).
 
[[Categoría:Historia Antiga]]