Antigo europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica�" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
Liña 10:
* topónimos terminados en -antia: Alesantia e os modernos Aranzuelo, Arlanza, Arlanzón, Numancia.
 
Existen unha serie de ríos europeos con nomes claramente [[indoeuropeo]]s, pero que non se poden aclarar baseándose en linguas indoeuropeas coñecidas. Os nomes distribúense por toda Europa Central e do Norte, chegando polo sur ata as tres penínsulas [[Mediterráneo|mediterráneas]]: a [[penínsulaPenínsula Ibérica|ibérica]], a [[Península itálica|itálica]] e a [[Península balcánica|balcánica]]. Na súa zona de distribución apenas existe [[hidronimia]] non indoeuropea. Foron estudados profunda e sistematicamente por [[Hans Krahe]] (os ríos europeos), por [[Javier de Hoz]] (os ríos [[España|españois]]) e por [[Edelmiro Bascuas]] (os ríos galegos).
 
Na [[penínsulaPenínsula Ibérica]] dáse o caso de que o territorio no que se atopan estes nomes entra claramente en zona historicamente non indoeuropea, é dicir, en [[Aragón]], [[Cataluña]] e parte do [[Valencia|Levante]]. Existirían dúas explicacións para este fenómeno: os [[iberos]] conquistaron estas zonas posteriormente ou ben a indoeuropeización destes territorios foi parcial e finalmente fallida.
 
Optouse polo nome de ''antigo europeo'' (alemán ''Alteuropäisch'') como denominación neutral. Inicialmente Krahe atribuíu os nomes aos [[ilirios]] (teoría chamada ''panilirismo''), aínda que máis tarde defendeu que a lingua era o protoindoeuropeo propiamente dito. As dúas teorías están hoxe en día descartadas.
Liña 22:
Deduciuse que o antigo europeo é máis antigo cás [[linguas celtas]]. O mantemento dos nomes dos ríos en zona celta nunha lingua "estranxeira" indica por unha banda, que os ríos xa tiñan nome cando os celtas chegaron, e por outra, que estes nomes corresponden a unha lingua de substrato para os celtas.
 
No caso da penínsulaPenínsula Ibérica, se se dá por certo que os celtas chegaron cara aos séculos VIII-VII antes da nosa era, o antigo europeo tivo que falarse en época anterior. A arqueoloxía descubriu a chegada de elementos da [[cultura dos Campos de Urnas]] desde [[Europa central]] á Península cara aos anos -1500 e –1300, o que podería corresponder a inmigrantes desta lingua ou linguas. Porén, é imposible probalo.
 
=== Unha lingua ou varios dialectos emparentados ===