Espartaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Spartacus1.jpg|thumbnail|''Espartaco'', por Denis Foyatier, 1830]]
 
== Primeiros anos ==
Segundo se ten relatado, naceu nunha familia de pastores; seguíu a profesión dos pais, mais reducido á miseria enrolouse no exército romano, co que combate en [[Macedonia]] como soldado auxiliar. A dura disciplina a que era obrigado e os numerosos episodios de [[racismo]] que tivo que sufrir na milicia, convencérono para desertar.
 
Capturado, foi tratado como ''traidor'' e condenado primeiro como escravo, e logo, arredor do [[- 75|75 a.C.]], foi destinado como [[gladiador]]. Espartaco acabou sendo vendido a [[Lentulus Batiatus]], un organizador de espectáculos residente en [[Capua (antica)|Capua]], onde rexentaba unha escola de gladiadores (ludo). Espartaco foi obrigado a combater contra bestas feroces e contra outros gladiadores, como era uso naquel tempo, para divertir non só o pobo, senón tamén a [[aristocracia]].
 
==== A revolta inicial ====
No ano [[-73|73 a.C.]], Espartaco e arredor de uns 70 individuos, armados, máis escaparon da escola capuana, fuxindo ata refuxiarse nas proximidades do [[monte Vesuvio]], cerca da actual cidade de [[Nápoles]], onde se lles axuntaron outros escravos rurais.
 
Liña 13:
Dado que a proporción de escravos a respeito dos cidadáns romanos era elevada, a rebelión escravista constituíase nun serio perigo para Roma. O [[Senado romano|Senado]] decidíu enviar un exército de sobre 3.000 homes contra os rebeldes, ao mando do [[pretor]] [[Claudius Glaber]]. Sitiaron os rebeldes no Vesuvio, mais Espartaco conducindo os seus homes do lado contrario do monte, pillou polas costas o exército romano, que masacraría no ataque. Glaber perdeu a vida alí.
 
==== Marcha cara o Norte ====
 
As forzas de Espartaco derrotaron dúas novas lexións enviadas contra eles. Os escravos, que incluían anciáns, nenos e mulleres, retiráronse máis ao Sur para descansar durante o inverno. Na primavera puxeron marcha cara o Norte, con mentes de atinxir a [[Galia]].
Liña 19:
Alarmado o Senado, enviou dous cónsules contra eles, [[Lucius Gellius Publicola|Gelio Publícola]] e [[Gneo Corneliuo Léntulo Clodiano]], cada un con dúas lexións. Os galos e xermanos, que se separaran, sob mando de Crixus, foron derrotados e mortos, polas lexións de Publicola. Mentres, Espartaco derrotou a Léntulo primeiro, e despois a Publícola, na Italia central, en [[Piceno]]. Seguindo cara o Norte, en Mutina (hoxe [[Módena]]) derrotaron outra lexión, conducida por [[Gaio Cassio Longino]], gobernador da [[Galia Cisalpina]] (o Norte de Italia).
 
==== Retorno ao Sur ====
 
En apariencia, Espartaco intentaba conducir as súas xente fóra de Italia, cara a Galia transalpina, e talvez pensaría alcanzar Hispania para unirse á rebelión de [[Quinto Sertorio]]. Porén mudou este plano e retornou para o Sur, segundo as fontes antigas por presións dos seus seguidores. Isto é visto hoxe como un grave erro. Quizais as vitorias anteriores voltáronos confiados de máis. Polo demais, algúns pensan que unha boa parte do grupo, conseguíu cruzar os Alpes e regresar aos seus países.
Liña 25:
O resto marchou cara o Sur, derrotando dúas lexións máis mandadas por [[Marco Licinio Craso]], que era naquela altura a persoa máis rica de Roma. A finais do ano [[- 72|72 a.C.]], acamparon en Rhegium (hoxe [[Reggio Calabria]]), xa cerca do [[estreito de Messina]], no mesmo extremo meridional da península itálica.
Espartaco negociou con [[pirata]]s de [[Cilicia]] para que os recollesen na illa de [[Sicilia]]. A comezos do ano [[-71|71 a.C.]], oito lexións romanas, de novo a mando de Craso, cercaron as forzas de Espartaco en [[Calabria]]. O asasinato de [[Quinto Sertorio]] en Hispania, facilitou que o Senado puidese recabar a vinda desde a Penínsulapenínsula Ibérica de [[Pompeio]]; tamén foi chamado [[Lúculo]], que estaba de campaña, no Norte de [[Anatolia]], contra o rei [[Mitrídates VI do Ponto]].
 
Espartaco conseguíu romper as liñas de Craso, tentando atinxir Brundisium (actual [[Brindisi]]), pero Craso manobrando ben cortoulle o paso, o que obrigou aos escravos a apresentar batalla no [[río Silarus]] (hoxe [[río Sele]]), onde foron derrotados. Logo da batalla, foron resgatados 3.000 romanos captivos no campamento escravo. Máis de 6.000 seguidores de Espartaco foron crucificados ao longo da [[Via Apia]], entre Roma e Capua (na que quizais puideron estar expostos durante anos).
Liña 31:
Mais aínda uns 5.000 escravos puideran escapar. Fuxiron cara o Norte, pero foron derrotados por Pompeio, que voltara xa desde Hispania. Pompeio foi capaz de apresentarse como rematador da guerra, de xeito que foi recibido clamorosamente en Roma, en tanto Craso recibíu honras menores.
 
Descoñécese se Espartaco morreu na batalla de Silarus ou se sobrevivíu e foi crucificado despois. O cadáver de Espartaco non foi atopado nunca. Craso, anos máis tarde, sería derrotado e perdería a vida, nunha campaña en Oriente, contra [[Partia]].
 
[[Categoría:Roma antiga]]
[[Categoría:Escravitude|Espartaco]]