Arco (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
→‎Funcionamento: tixolo>ladrillo
Liña 20:
Ao contrario de aberturas rematadas en [[trabe]], onde a [[peso (física)|carga]] vertical exercida directamente sobre un [[lintel]] pode eventualmente deformalo ou quebralo, o arco funciona en [[compresión]] e transporta o peso da construción para os piares de soporte e para os lados (empuxe lateral e diagonal), permitindo a abertura de vans maiores sen risco de colapso.
 
Xeralmente en [[pedra]], [[tixololadrillo]] ou outro material de construción similar, o arco componse de bloques en cuña que, colocados adxacentemente, se traba uns aos outros en compresión e manteñen a forma en curva.
 
O bloque situado no vértice do arco, a chave, é o último elemento a ser colocado e o que permite que a estrutura se trabe e a forma se manteña. Até a colocación deste último elemento úsase unha armazón provisoria de [[madeira]] ou [[metal]], o '''[[acimbre]]''', que serve de molde, presentando o que será a curva interior do arco e que permite que as aduelas teñan apoio até a consolidación final coa chave. No caso de que os cálculos teñan sido mal efectuados, pode acontecer que a estrutura colapse após a retirada do soporte.