Batman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 17:
'''Batman''' (O Home Morcego) é un superheroe de [[banda deseñada]], que apareceu por primeira vez na historia ''O estraño caso do sindicato químico'' da revista [[Detective Comics]] #27 en [[maio]] de [[1939]]. Foi creado polo artista [[Bob Kane]] e o escritor [[Bill Finger]], aínda que só Kane recibiu crédito oficial. Ao principio Batman non era máis que un dos personaxes que aparecían en Detective Comics, pero co tempo converteuse en protagonista de cómics e filmes, compartindo o éxito con outro personaxe de [[DC Comics]], [[Superman]]. Tempo despois, outro personaxe comezou a acompañar a Batman nas súas aventuras, [[Robin]], rapaz cunha personalidade alegre e aberta que contrastaba co escuro carácter de Batman. Varios personaxes ocuparon o rol de Robin ao longo das series de Batman: Dick Grayson, Jason Todd e na actualidade, Tim Drake.
 
Batman tivo varias adaptacións tanto para a radio como para o cine e a televisión, tanto animadas, como o [[Batman (debuxos animados de 1969)|Batman]] de [[1969]], como non. As dúas primeiras adaptacións para o cinema, ''[[Batman (filme 1989)|Batman]]'' e ''[[Batman volve]]'' foron dirixidas por [[Tim Burton]] en 1989 e 1992 respectivamente, a última adaptación para o cinema dirixiuna [[Christopher Nolan]] no ano 2005 co título de ''[[Batman empeza]]'' e ''[[Batman The dark night]]''
 
{{En progreso}}