Adriano Correia de Oliveira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
m asignatura -> materia
Liña 9:
No [[1967]] gravou o [[vinilo]] "Adriano Correia de Oliveira" que entre outras cancións inclúe ''Canção com lágrimas''.
 
Cando lle faltaba unha asignaturamateria para terminar a carreira de [[Dereito]], Adriano trocou [[Coimbra]] por [[Lisboa]], traballou no Gabinete de Prensa da [[Feira Industrial de Lisboa]] (FIL) e foi produtor da Editora Orfeu. No [[1969]] editou "O Canto e as Armas" un disco que baseaba todas as cancións na poesia de [[Manuel Alegre]]. Nese mesmo ano gañou o Premio Pozal Domingues. No ano seguinte sae o [[disco de vinilo]] "Cantaremos" e en [[1971]] "Gente d'Aqui e de Agora", que marca o primeiro arranxo, como director, de [[José Calvário]], que nesa altura tiña vinte anos. [[José Niza]] foi o principal compositor neste disco que precedeu un silencio de catro anos, pola negativa de Adriano de enviar os textos a censura.
 
No [[1975]] lanzou "Que Nunca Mais", com dirección musical de [[Fausto Bordalo Dias|Fausto]] e textos de [[Manuel da Fonseca]]. Este [[vinilo]] levou a revista inglesa ''[[Music Week]]'' a elixilo como "Artista do Ano".