Revolución urbana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 12:
{{cita|En 1978... 172 millóns de chineses vivían nas cidades. No [2008] son 577 millóns, máis do 40% da poboación, e as previsións indican que no 2030 superarase o 60%. Cada ano, uns dez millóns de chineses emigran do campo á cidade.<ref>Peter Hessler ''China, el corazón del dragón'', en ''[[National Geographic]]'', edición de España, agosto de 2008, pg. 117</ref>}}
 
Se a finais do século XIX as maiores cidades do mundo eran [[Londres]] e [[París]], e na primeira metade do XX engadíronselles [[Nova York]] e [[Tokio]], nos seguintes cincuenta anos as [[megacidade]]s emerxentes pasaron a ser cidades de países dun nivel de desenvolvemento moito menor, como [[Seúl]], [[Cidade de México]], [[Bombai]], [[Iacarta]], [[Sao Paulo]], [[Shanghai]], [[Bos Aires]], [[O Cairo]], [[Manila]] ou [[Lagos, Nixeria|Lagos]]. De feito, o tamaño dunha cidade deixou de ser un elemento determinante para medir a súa importancia global, acudíndose a criterios máis cualitativos como os utilizados no estudo das [[cidades globais]].
 
Sinalouse a conexión da revolución urbana co fenómeno da [[globalización]], que históricamente tivo distitas escalas, e a súa relación con outros factores ligados a ela: tecnolóxicos, económicos, políticos, sociais e culturais.<ref>F. Ascher (2003) ''Nuevos principios de urbanismo'', Alianza Ed., Madrid; citado por Jordi Borja[http://www.cafedelasciudades.com.ar/tendencias_31.htm ''La Revolución Urbana (I). Las ciudades ante la globalización: entre la sumisión y la resistencia''], Domus nº 866, enero 2004 y Revue Urbanisme, nº 339, noviembre-diciembre 2004, pags.44-47</ref>