Biblia dos Setenta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Biblia dos Setenta''', ou '''Biblia dos setenta e dous''', citada comunmente como ''LXX'', é o nome co que se coñece a versión [[Grecia - Ελλάδα|grega]] da [[Biblia]] xudea, o que os cristiáns chaman [[Antigo Testamento]].
 
== A lenda ==
 
O nome de Biblia dos LXX ou dos LXXII procede dunha carta do pseudo-Aristea. Nela se afirma que o faraón Tolomeo II Filadelfo ([[-283]] a [[-246]]) desexaba ter na grande biblioteca de [[Alexandría]] a tradución dos libros sagrados hebreos. Atendendo á súa petición, 72 homes, seis por cada unha das doce tribos de Israel, foron enviados desde Xerusalén para levar a cabo a tradución.
 
[[Filón de Alexandría]] aínda engade que os 72 sabios foron aloxados en tendas separadas na illa de Faro, cada un deles levou a cabo a versión enteira en 72 días, e ao rematar, as 72 versións eran idénticas.
 
== Manuscritos máis importantes ==