Crioulo antillano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''crioulo antillano''' é un [[linguas crioulas|idioma crioulo]] derivado do [[francés]] falado principalmente nas [[Antillas Menores]]. En termos xerais a lingua mestura o léxico da lingua francesa coa [[sintaxe]] dos idiomas [[África|africanos]] e [[Caribe|caribeños]] e só ata hai pouco comezou a escribirse. O crioulo antillano está relacionado co [[crioulo haitiano]], pero teñen moitas diferencias. Fálase en [[Dominica]], [[Santa Lucía - Saint Lucia|Santa Lucía]], [[Guadalupe]], [[Martinica - Martinique|Martinica]], [[San Bartolomé - Saint-Barthélemy|San Bartolomé]], [[Granada]], [[San Vicente e Granadinas - Saint Vincent and the Grenadines|San Vicente]] e [[Trindade e Tobago - Trinidad and Tobago|Trinidade e Tobago]].
 
==Historia e características==
O idioma foi nun principio moito máis falado nas Antillas Menores, pero case que desapareceu de [[Trinidade e Tobago]] e o número de falantes está declinando en [[Granada]]. Nas illas de [[Dominica]] e Santa Lucía, aínda que son oficialmente [[inglés|angloparlantes]], existen iniciativas para preservar o seu uso e, nas últimas décadas, pasou de ser un signo de nivel socio-económico baixo e de prohibirlle aos rapaces falalo nas escolas <ref>Jocelyne Guilbault, [http://books.google.co.uk/books?id=d0lrjteCl2IC&pg=PA33&dq=%22Henri+Guedon%22&lr=&hl=ko&cd=12#v=onepage&q=%22Henri%20Guedon%22&f=false ''Zouk: world music in the West Indies''] University of Chicago Press, 1993</ref> a ser un signo de orgullo nacional. Nos últimos dez anos impartíronse algúns talleres de [[ortografía]] e na actualidade un grupo multidisciplinario composto por expertos da [[Universidade das Indias Occidentais]], a [[Universidade das Antillas]] en [[Güiana]], o [[Grupo de Estudo e Investigación do Espazo Criolloparlante]] (en francés, ''Groupe d'étude et de Recherche en Espace Créolophone'', GEREC) e algúns outros movementos locais déronse á tarefa de desenvolver todo un sistema de escritura ad hoc.
 
Dende os '70 tamén existe un rexurdimento literario nas Antillas Francesas, con escritores tales coma [[Edouard Glissant]] e [[Raphaël Confiant]] entre outros.
 
Os crioulo de Dominica e Santa Lucía ([[ISO 639-3]] ''acf'') é chamado ''kwéyòl'' polos seus falantes <ref>[http://www.ethnologue.com/show_country.asp?name=DM ''Languages of Dominica'']. ''Ethnologue: Languages of the World'', SIL International, Sixteenth edition. Dallas, Tex.</ref>, variación da palabra crioulo en [[francés]] (''créole''). O crioulo de [[Guadalupe]] (ISO 639-3 ''gcf''), falado ademais en Martinica e San Bartolomé está suxeito á influencia continua do [[acrolecto]] francés. A pesares de ser codificado coma unha lingua distinta do crioulo de Dominica <ref>[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=gcf ''Guadeloupean Creole French'']. ''Ethnologue: Languages of the World'', SIL International, Sixteenth edition. Dallas, Tex.</ref><ref>[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=acf ''Saint Lucian Creole French'']. ''Ethnologue: Languages of the World'', SIL International, Sixteenth edition. Dallas, Tex.</ref>, teñen un índice de comprensión do 90%, polo que se consideran dialectos da mesma lingua.
Liña 47 ⟶ 48:
</blockquote>
 
==ReferenciasNotas==
<references/>
 
==LigazónsVéxase externastamén==
===Ligazóns externas===
*[http://gl.wikilingue.com/es/Idioma_kweyol WikiLingue]
* [http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=DOM Reportaxe de ethnologue sobre o kweyol] {{En}}
* [http://www.siu.edu/departments/cola/ling/reports/stlucian/stlucian.htm FORDE, ED e ST. JUSTE-JEAN, LEONI, ''St. Lucian French Creole (Kwéyòl)''] {{En}}
* [http://babel.uoregon.edu/romance/rl407/creole/kweyol.html GUNSCHEL, ABE, ''The Kwéyòl of Dominica''] {{En}}
 
[[Categoría:Linguas crioulas e pidgins]]