Frauta doce: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nn:Blokkfløyte
mSen resumo de edición
Liña 3:
A '''frauta doce''' é un instrumento de [[vento madeira]] tamén chamado '''frauta de bico'''. É a frauta máis habitual en Europa dende o ano [[1500]] até o [[1750]] aproximadamente. Na época medieval era de uso común entre [[xogral|xograis]] e [[trobador]]es. Reapareceu e fabricouse masivamente no [[século XX]].
 
==Historia e características==
Nesta frauta sóprase pola [[embocadura]] de asubío, situada nun extremo, que dirixe o aire a unha abertura estreita realizada no tubo, e contra o [[bisel]] practicado na madeira.
 
As frautas pequenas, de orixe asiática, eran coñecidas en Europa no [[século XI]]. Cara 1500 adquiriu o seu aspecto actual. Estes instrumentos agrupábanse para tocar [[música de cámara]], dende a [[frauta sopranino]] até a gran [[frauta baixa]]. A mediados do [[século XVII]] o construtor parisino [[Jean Hotteterre]] comezou a súa construción en tres pezas cun extremo cónico máis pronunciado. A maioría da música orquestral composta entre 1600 e 1750 inclúe a frauta doce.
 
A [[frauta traveseira]] desprazou á de pico caracontra [[1750]]. As frautas doces máis extendidas son a contralto (moi usada na [[música barroca]]) e a soprano ou [[discanto]], usada hoxe nas escolas.
 
As frautas doces máis extendidas son a contralto (moi usada na [[música barroca]]) e a soprano ou [[discanto]], usada hoxe nas escolas.
 
Entre as obras máis notábeis para este instrumento inclúese o [[Concerto de Brandeburgo]] nº 4 de [[Johann Sebastian Bach]], sete concertos de [[Antonio Vivaldi]] e moitas sonatas de [[Georg Philipp Telemann]]. A frauta de bico está moi relacionada co [[flageolet]], instrumento popular que apareceu a comezos do [[século XIX]].
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
* [[Fraura de millo]]
 
[[Categoría:Instrumentos de vento-madeira]]