O Allo, Zas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
homónimos
+ datos desde http://www.concellodezas.org/ga/web/index.php?mod=int&tip=1
Liña 12:
}}
'''San Pedro do Allo''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[Zas]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 159 habitantes (87 mulleres e 72 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 148 habitantes.
 
==Patrimonio==
A [[torre do Allo]] é un dos pazos máis antigos de Galiza. Foi erguida sobre os restos dunha fortaleza mandada destruír polos [[Reis Católicos]], e foi unha antiga propiedade do clan dos Riobó. Na actualidade é un museo, propiedade da [[Deputación da Coruña]].
 
Foi mandada construír polo fidalgo [[Gómez de Rioboo Vilardefrancos]] na primeira metade do século XVI. A súa familia era procedente da parroquia de [[Riobó, Cabana de Bergantiños|Riobó]] ([[Cabana de Bergantiños]]), e tiñan como solar primitivo o [[Poste da Penela]], en [[Silvarredonda, Cabana de Bergantiños|Silvarredonda]].
 
O edificio é de estilo [[renacentismo|renacentista]], e consta de dúas torres e un longo corpo central que as une. Unha cornixa, da que sobresaen varias gárgolas, percorre toda a parte alta do edificio. As fiestras da parte alta das torres están adornadas con elementos do gótico final, e as máis próximas ao corpo central están enmarcadas por un [[arco conopial]], complementando o conxunto os escudos e os balcóns.
 
Nos escudos represéntanse os símbolos das familias dos Rioboo (torre envolta en silveiras), dos Caamaño (piñeiro e lanzas), Seixas (cinco pombas), Losada (dous lagartos baixo unha lousa) e Figueroa (cinco follas de figueira).
 
==Galería de imaxes==