Hipérides: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sv:Hypereides
mSen resumo de edición
Liña 4:
Foi discípulo de [[Isócrates]] en [[Atenas]] e comezou traballando de [[logógrafo]] escribindo discursos xudiciais por encarga. Conta a lenda que gañou a absolución da [[cortesá]] Frinis mostrándolle a súa beleza espida aos xuíces. Traballou contra [[Filipo II]], xuntamente con [[Demóstenes]], até o caso Hárpalo ([[-324|324]]), cando entón acusou ao propio Demóstenes. Cando [[Filipo de Macedonia]] venceu en [[Queronea]] no [[-338|338]], Hipérides organizou a defensa de Atenas e logrou reforzar o exército prometendo que lles concedería a liberdade aos [[escravo]]s e a [[cidadanía]] aos estranxeiros. Reconciliouse con Demóstenes cando Atenas se ergueu contra os [[Macedonia|macedonios]] de [[Antípatro]] á morte de [[Alexandre Magno]] ([[-323|323]] a.C.). Terminada desastrosamente a [[Guerra Lamaiana]], Hipérides foi capturado e morto entre atroces tormentos.
 
==Estilo==
O estilo de Hipérides é claro na exposición, elegante e incorpora innovacións [[estilística]]s influídas pola [[comedia grega|comedia]]. Atribúenselle 77 discursos, dos que se conservan seis en fragmentos. Destacan ''En defesa de Euxenipo'', ''Contra Demóstenes'' e a ''Oración fúnebre'' (polos caídos da [[Guerra Lamiana]]).