Alexandre de Hesse-Darmstadt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m moveu "Alexandre de Hesse" a "Alexandre de Hesse-Darmstadt": Nome completo, deixo redirección
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
'''Alexandre de Hesse-Darmstadt'''. Naceu en [[Darmstadt]] o [[15 de xullo]] de [[1823]] e finou tamén en Darmstadt o [[15 de decembro]] de [[1888]]. Foi o terceiro dos catro fillos de [[Luís II de Hesse]] e do Rin, e de [[Guillermina de Baden]].
 
Aínda que Alexandre é famoso polo seu escandaloso matrimonio, tamén o é polas dúbidas sobre a súa paternidade, pois existen murmuracións posibelmente certeiras que din que tanto el comacomo súa irmá María eran fillos do barón Augusto de Senarclens, chambelán de súa nai.
 
Como calquera outro príncipe, Alexandre mantivo a tradición marcial da súa familia e serviu no Exército Ruso, onde foi un distinguido soldado cunha brillante carreira por diante. Mandaba un rexemento de lanceiros e foi premiado coa [[Cruz de San Xurxo]]. O feito de que súa irmá María fose a zarevna (princesa herdeira) de Rusia (esposa do futuro tsar [[Alexandre II de Rusia]]) non era unha desvantaxe para os seus propósitos.
 
Esta prometedora carreira foi destruída por un escándalo, pois Alexandre namorouse da condesa [[Xulia de Hauke]], unha camareira de súa irmá María Alexandrovna. A condesa era unha orfa de orixe xermana-polaca, protexida do tsar, e filla do antigo ministro de guerra do tsar. Co tempo, o tsar [[Nicolás I]] considerou a Alexandre coma un posíbel marido para súa sobriña, mais informado do romance prohibiu a maridaxe; era inconcebíbel que unha persoa próxima á familia imperial casaracasase cunha simple condesa. O [[Almanaque de Gotha]], léxico e guía das clases tituladas europeas, era moi claro en asuntos de índole matrimonial.
 
Alexandre marchou a Inglaterra para cavilar no tocante ao seu futuro, pero acabou regresando a Rusia para fuxir xunta con Xulia até Breslau (hoxe Wroclaw, en Polonia), onde casaron en outubro de 1851.
Liña 14:
Ao perderen as súas prerrogativas dinásticas, o príncipe Alexandre e a súa morganática esposa viviron unha vida tranquila. A súa familia vivía principalmente no castelo de Heiligenberg, xunta a [[Jugenheim]], no sur de Hesse.
 
==Descendencia==
Alexandre de Hesse e Xulia de Battenberg tiveron cinco fillos, que herdaron o título e o apelido de súa nai. Os fillos foron:
 
* [[María de Battenberg]] (1852 - 1923).
* [[Luís de Battenberg]] (1854 - 1921).
* [[Alexandre de Battenberg]] (1857 - 1893).
* [[Henrique de Battenberg]] (1858 - 1896).
* [[Francisco Xosé de Battenberg]] (1861 - 1924).
 
Malia todos os escándalos, a famila de Battenberg conseguiu ser aceptada pola nobreza europea. Entre os seus descendentes destacan:
 
* [[LuisaLuísa Mountbatten|LuisaLuísa de Battenberg]] - Raíña de Suecia, consorte de [[Gustavo VI Adolfo]].
* [[Filipe Mountbatten]], Duque de Edimburgo - Esposo de [[Isabel II de Inglaterra]].