Constitución da República de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de abril de 2010 ás 13:47

A constitución de Polonia actual foi adoptada o 2 de abril de 1997. Formalmente coñécese como a Constitución da República de Polonia (en polaco: Konstytucja Rzeczypospolitej Polskiej), e reemprazou ás enmendas temporais postas en práctica en 1992 co fin de revertir os efectos do comunismo, establecendo á nación como "un estado democrático gobernado pola lei e implementando os principios da xustiza social." Foi adoptada pola Asemblea nacional de Polonia o 2 de abril de 1997, aprobada por un referendo nacional o 25 de maio de 1997, e entrou en vigor o 17 de outubro de 1997.

Polonia tivo diferentes constitucións ao longo da súa historia. Historicamente, a máis significante foi probablemente a Constitución de Maio adoptada o 3 de maio de 1791, a primeira constitución moderna en Europa e a segunda no mundo, despois da Constitución dos Estados Unidos de América.

Referencias

Ligazóns externas