Comuna de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Liña 1:
[[Ficheiro:comuna.jpg|right|framed|Comicios populares na Comuna de París.]]
'''A Comuna de París''' referíase orixinalmente ó goberno de [[París]] durante a [[Revolución Francesa]]. Porén , na actualidade o termo usualmente refírese ó goberno socialista que dominou brevemente en [[París]] dende o [[18 de marzo]] (formalmente o [[26 de marzo]]) de [[1871]] ata o [[28 de maio]] dese ano.
 
No sentido estrito, a Comuna de París de 1871 foi simplemente a autoridade local («commune» en francés é un consello dun pobo ou distrito) que exerceu o poder en [[París]] durante dous meses na primavera de 1871. No entanto, as condicións na que se formou, os seus controvertidos decretos e o seu cruel final convértena nun dos máis importantes episodios políticos da época.
 
==Trasfondo==
A comuna foi posíbel grazas a un levantamento popular de todas as tendencias revolucionarias dentro de París despois de que a [[Guerra Franco-Prusiana]] terminase coa Francia derrotada. A guerra coa Prusia, comezada por [[Napoleón III]] («Louis Bonaparte») en xullo de [[1870]], terminou desastrosamente para a [[Francia]], e en setembro dese ano, París quedou baixo o asedio do exército inimigo. A fenda entre ricos e pobres na capital ampliouse enormemente nos últimos anos e coa escaseza de comida, sumado ó constante bombardeo prusiano, levou a un descontento xeral. Os traballadores estábanse volvendo máis receptivos a ideas máis radicais. Unha demanda específica foi a de que [[París]] debía posuír un goberno autónomo, cunha comuna elixida pola propia poboación, algo que xa gozaban a meirande parte das cidades francesas, pero que era negado a París por un goberno medorento da indócil poboación da capital. Un desexo máis vago, pero tamén relacionado, foi o dun sistema de xestión da economía máis xusto, aínda que non necesariamente un sistema socialista, resumido no berro popular de "''A Sociale!''"
Liña 9 ⟶ 12:
Comezaron movementos para formar un «Comité Central» da Garda Nacional. Louis-Adolphe Thiers, presidente do goberno francés, a nova Terceira República, deuse de conta de que naquela inestábel situación cabía a posibilidade de que este comité se constituíse nun centro alternativo de poder ó do goberno. Ademais, estaba preocupado por que os traballadores se armasen coas armas da Garda Nacional e provocasen os prusianos.
 
Os eventos nesta etapa son confusos, pero o que é certo é que antes de que os prusianos entrasen en [[París]], a Garda Nacional, axudada por civís, arranxouse para afastar do camiño dos prusianos os canóns (que consideraban da súa propiedade) e almacenalos en «distritos seguros». Un dos principais «parques de canóns» estaba nas alturas de [[Montmartre]].
 
==O alzamento e natureza da Comuna==
[[Ficheiro:Disderi 3.jpg|thumb|Barricadas diante de ''La Madelaine''.]]Os prusianos entraron en [[París]] brevemente e abandonárona de novo sen ningún incidente. Pero [[París]] continuou cercada mentres o problema das indemnizacións das guerras seguía afectando.
Liña 56 ⟶ 60:
 
París estivo so a lei marcial durante cinco anos.
 
==Retrospectiva da Comuna==
A clase acomodada de París, e a maioría dos antigos historiadores da Comuna, viron aquel feito coma un clásico exemplo do «dominio do xentío», terrorífico e ó mesmo tempo inexplicábel. A maioría dos actuais historiadores, ata aqueles de dereitas, recoñeceron o valor dalgunha das reformas da Comuna e deploraron o salvaxismo co que foi reprimida. Con todo, atoparon difícil de explicar o odio sen precedentes que a Comuna espertou nas clases medias e altas da sociedade.
Liña 64 ⟶ 69:
 
A Comuna de París foi parte das citas de moitos líderes comunistas. [[Mao Tse Tung|Mao]] referíase a ela con bastante frecuencia. Lenin, xunto a Marx, consideraban a Comuna un exemplo real da ditadura do proletariado. No seu funeral o seu corpo foi envolto nos restos dunha bandeira vermella preservada dende a Comuna. A nave espacial [[Voskhod 1]] portaba parte dun estandarte da Comuna de París. Tamén, os [[bolxevique|Bolxeviques]] renomearon a nave de combate [[Sevastopol]] a "Parizhskaya Kommuna" en honra á Comuna.
 
==Outras Comunas==
Simultaneamente coa Comuna de París, xurdiron os alzamentos de [[Lyon]], [[Grenoble]] e outras cidades, as cales do mesmo xeito que a Comuna de París, gozaron dunha breve vida.
 
==Véxase tamén==
{{Commons|Commune de Paris}}
 
[[Categoría:Historia de Francia]]
 
{{Link FA|eu}}
{{Link FA|it}}