Base nitroxenada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de A_chemical_structure.png por '''Adenosine.png'''.
desambiguación: ADN -> Ácido desoxirribonucleico
Liña 1:
As '''bases nitroxenadas''' son compostos orgánicos cíclicos, que inclúen dous ou máis [[átomo]]s de [[nitróxeno]]. Son parte fundamental dos [[nucleósido]]s, [[nucleótido]]s e ácidos nucleicos. Bioloxicamente existen cinco bases nitroxenadas principais, que se clasifican en dous grupos, '''bases púricas''' (derivadas da estrutura da [[purina]]) e '''bases pirimidínicas''' (derivadas da estrutura da [[pirimidina]]). A [[adenina]] (A) e a [[guanina]] (G) son púricas, mentres que a [[timina]] (T), a [[citosina]] (C) e o [[uracilo]] (U) son pirimidínicas. As catro primeiras bases atópanse no [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], mentres que no [[ácido ribonucleico|ARN]] en lugar de [[timina]] existe o [[uracilo]].
 
Por comodidade, cada unha das bases represéntase pola letra indicada. Un punto fundamental é que as bases nitroxenadas son complementarias entre si, é dicir, forman parellas de igual maneira que o farían unha chave e a súa pechadura. A [[adenina]] e a [[timina]] son complementarias (A-T), ó igual que a [[guanina]] e a [[citosina]] (G-C). Dado que no [[ARN]] non existe [[timina]], a complementariedade establécese entre [[adenina]] e [[uracilo]] (A-U). A complementariedade das bases é a clave da estrutura do ADN e ten importantes implicacións, pois permite procesos como a replicación do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] e a tradución do ARN en [[proteínas]].
 
Unha táctica de lembrar as asociacións é a seguinte: C-G ([[Carlos Gardel]]) e A-T ([[Anibal Troilo]]). Outra táctica é G-C (Garda Civil), e A-T (Axencia de Transporte).
 
==Estrutura==