Normativa oficial do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rosamf (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
A referencia consta no propio parágrafo
Liña 5:
O [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía de Galicia]] dotou aos poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega. O [[17 de novembro]] de [[1982]] a [[Xunta de Galicia]] estableceu que existiría unha norma de uso oficial {{Cómpre referencia}} para o ensino e que excluiría das axudas económicas os textos non publicados na "normativa oficial", en clara referencia ao [[reintegracionismo]].
 
Coa publicación da [[Lei de normalización lingüística]] o [[15 de xuño]] de [[1983]], estableceuse que o criterio de autoridade para a [[normativización]] do galego sería a [[Real Academia Galega]], relegando o [[Instituto da Lingua Galega]] como referencia legal{{Cómpre referencia}}.
 
A '''variedade estándar''' ou '''padrón''', fixada a medias entre o [[ILG]] e a [[RAG]], inicialmente constaba só de indicacións [[morfoloxía|morfolóxicas]] e [[ortografía|ortográficas]], as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]] (NOMIG), publicadas en [[1983]] e aplicadas no dicionario da [[RAG]] de [[1997]] (unhas trinta mil palabras) e reformadas en [[2003]], pero coa publicación do [[VOLG]] en [[2004]] definíronse de facto tamén coma normas [[léxico|léxicas]]. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo, posto que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.