Breogán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m elimino frase fóra de contexto e que forma parte dunha opinión illada dentro da comunidade científica como recoñecen os seus autores.
Sen resumo de edición
Liña 10:
Existe unha [[lenda]] na que se conta que a estirpe de Breogán chega a [[Galiza]] desde [[Exipto]], fuxindo das pragas da época de [[Moisés]]. Con toda probabilidade esta parte da lenda foi creada en tempos [[idade Media|medievais]], cando existía unha gran tradición [[cristianismo|cristiá]], isto é no momento da sua transcripción, séculos XI-XII.
 
O anterior débese contrastar co achado dun escudo celta en Faiyum, Exipto, tal como nos mostra a obra clásica ''The Celts'' de T.G. Powell<ref>Powell, T.G., ''Los Celtas'', páx. 130.</ref>, onde se destaca que existían "mercenarios" celtas en [[Exipto]] dende o ano [[-274|274 a.C]]. En realidade os celtas carecían dunha historia escrita, pois a trasmitían oralmente (tamén o facían os gregos ata a compilación dos clásicos), non será ata a chegada do cristianismo a [[Eire]] cando se compile a historia celta en varias obras clásicas. Como indican os datos xenéticos, a colonización das Illas británicas e Irlanda aconteceu despois da última glaciación, hai por volta de 16000 anos, co cambio da sociedade de cazadores recolectores a sociedades agrícolas. A lenda tal como a coñecemos hoxe vencéllase á chamada cultura dos metais, en especial do bronce atlántico (cando os clásicos gregos falan das Illas Casitérides){{Cómpre<ref>Sainero, referencia}}R. ''Orígenes históricos,mitológicos, y literarios de la Península Ibérica", pág. 154</ref>.
 
[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións"), o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona.