Meiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 2:
Segundo a [[tradición]] popular, unha '''meiga''' é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de [[menciñeira]] (probabelmente a súa etimoloxía procede do [[latín]] medica > meiga). Entre as súas cualidades, figuran a capacidade para facer feitizos, males de ollo e adiviñación.
 
===Tradición===
A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar cos demos. A figura da [[bruxa]] correspóndese en gran medida co arquetipo clásico da bruxa vestida de negro, con [[sombreiro]] cónico e a súa [[vasoira]], namentres que a figura da meiga achégase moito máis a unha muller de aldea, con certa idade, mais con maior heteroxeneidade no demais.
 
A meiga rivaliza en popularidade coa propia [[Santa Compaña]], e achégase bastante á figura da [[curandeira]] dos druídas. Expresión típica pola que se recoñece a cultura galega en gran parte de España é aquela de ''eu non creo nas meigas, mais habelas hainas''.
 
=== Tipos de meigas ===
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes: