Ite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BOTarate (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Ith (mitología)
mSen resumo de edición
Liña 1:
No [[Leabhar Ghabhála Érenn|Libro das conquistas de Irlanda]], '''Ith''' é un dos dez fillos do caudillo celta [[Breogán]], esposo de [[Bron]] e pai de [[Lugai]]; da estirpe dos [[gaedil]]. Dende neno soñaba que cre que hai unha terra ó norte de [[Brigantia]]. Cando é maior, xa un sabio e valeroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das [[illas Casitérides]].
 
==Historia==
'''Ith''' zarpa con tres barcos e trinta homes cara as terras que veu, co consello de [[Breogán]] de que non debe descabalgar do seu cabalo en canto dure a viaxe. Fai escala nas illas [[Casitérides]], onde algúns amigos se unen á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama ''Eirín'' ([[Irlanda]]), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino do seu pai.
 
A expedición atópase cunha terrible guerra fraticida entre tres irmáns: [[Mac Cuill]], [[Mac Grené]] e [[Mac Crech]] pola sucesión do trono do seu pai, [[Neith]]. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos que el e non estaban dispostos a compartiren o trono.
 
Ith decide axudar a Mac Cuill, e vai con el ata a fortaleza de Aleich. Alí son atacados e vencen. Tras isto, convocan ós outros dous irmáns, que aceptan reunirse. Mac Cuill manda falar a '''Ith''', o cal é tomado con hostilidade polos outros irmáns. Ith, sen desmontar do cabalo, dalles ideas ós irmáns, pedíndolles que remate a guerra e que dividan o reino ou reinen xuntos. Sen embargo, mentres Ith falaba, Mac Grené tentaba poñer de acordo a Mac Crech para botar ós "brigantes", pois pensaba que os estranxeiros só querían que os irmáns depuxeran armas para quedarse facilmente co país. Non obstante, Mac Crech' prefiría esperar a que se desenvolvesen os acontecementos.
 
Tras acabar a xuntanza, reuníronse os tres irmáns. Agora Mac Grené tentaba convencer tamén a Mac Cuill de botar fóra ós estranxeiros, expoñendo todo tipo de motivos. Ith, que sospeitaba que os tres irmáns estaban conspirando contra del, decidiu marchar esa mesma noite.