Fernando Ruiz de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+cat
Liña 40:
 
==Troco de lealdades==
Cabe salientar un aspecto interesante a ter en conta que arrodea todo este asunto. O futuro [[Conde de Lemos]] apoiou ata a súa propia morte ao bando lexitimista cun fervor inusitado; que non é propio dun cabaleiro que se viu ultraxado. Abandona Toro sen render pleitesía a don Pedro coma fixeran outros cabaleiros, entre eles o seu irmán Alvar Pérez de Castro, para máis adiante aparecer ao carón do rei nos momentos complicados que salpicaron o seu reinado. ¿Por que esta actitude do galego? ¿Que lle fixo trocar radicalmente de postura? Fernando de Castro coñecía a inconformidade do monarca perante o seu matrimonio pois deste xeito emparentábase co seu maior inimigo.
 
Llaguno Amirolo apunta que mediante petición rexia o galego anulou o matrimonio baixo a afirmación de que eran parentes e a inexistencia dunha dispensa papal facía que cohabitasen en pecado. Don Pedro conseguiu deste xeito dúas importantes vantaxes: por unha banda pór a mal a Fernando de Castro e ao conde de Trastámara, e por outra achegalo ao seu seo.