Portela, Cuntis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
formato
RNC (conversa | contribucións)
m *collado en castelán pode ser un altorelo, cotarelo, outeiro ..., ou ben unha pequena freita que serve de paso; polo contexto semella que é isto último.
Liña 14:
 
===Situación===
A parroquia sitúase preto do collado ouda portela que separa os vales do [[Río Vea|Vea]] (afluente do [[Río Ulla|Ulla]]) e do [[Río Gallo|Gallo]] (afluente do [[Río Umia|Umia]]), na parte alta deste último e na súa ribeira dereita xunto cos lugares da [[A Casa da Cruz, Arcos, Cuntis|Casa da Cruz]], [[Ferreiros, Arcos, Cuntis|Ferreiros]], [[Piñeiro, Arcos, Cuntis|Piñeiro]], [[A Casiña, Arcos, Cuntis|A Casiña]] e [[A Anllada, Arcos, Cuntis|A Anllada]] (pertencentes a [[Arcos, Cuntis|Arcos de Furcos]]) e a parroquia toda de [[Couselo, Cuntis|Couselo]].
 
De este a oeste sitúanse [[Loureiro de Arriba, Portela, Cuntis|Loureiro de Arriba]] (na parte esquerda do collado mirando cara o val do Gallo), [[Loureiro de Abaixo, Portela, Cuntis|Loureiro de Abaixo]], [[Novás, Portela, Cuntis|Novás]] (estes dous xa na parte central) e [[Portela, Portela, Cuntis|Portela]] (na parte esquerda e nas faldas de Pedra Lobeira, na [[serra de Xesteiras]]). O rego Carbáns (afluente do Gallo) ten o seu nacemento nas proximidades da pista asfaltada que une Portela con Novás, xunto á escola infantil. Dito rego xunto cos seus regatos tributarios desemboca, xunto ó rego Sequeiros que ven de Couselo, no río Gallo nunha paraxe cercana ó lugar da Anllada (Arcos de Furcos).