Urien: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: th:ยูเรน
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:COA Urien Glodrydd.svg|right|thumb|Brasón atribuído a Urien na Idade Media coa representación do corvo.]]
'''Urien''', moitas veces chamado '''Urien Rheged''', foi a finais do [[século VI]] rei de [[Rheged]], un antigo reino britón do ''[[Hen Ogledd]]'' (norte de [[Inglaterra]] e sur de [[Escocia]]).

==Historia==
O seu poder e as súas vitorias, incluídas as batallas de [[Batalla de Gwen Ystrad|Gwen Ystrad]] e [[Batalla de Alclud Ford|Alt Clut Ford]], son celebradas nos poemas laudatorios que lle dedicou [[Taliesin]], preservados no ''[[Libro de Taliesin]]''. Tivo catro fillos, chamados Owain, Rhiwallon, Rhun e Pasgen, dos cales o máis vello foi o seu sucesor. Converteuse no 'Rei Urien de Gore' da [[lenda artúrica]] posterior e o seu fillo [[Owain mab Urien]] foi logo coñecido como [[Ywain]].
 
Segundo as xenealoxías, Urien foi fillo de [[Cynfarch Oer]], fillo de [[Meirchion Gul]], fillo de Gorwst, fillo de Cenau, fillo de [[Coel Hen]] ([[o rei Cole]]), o primeiro líder militar postromano documentado na área do [[muro de Hadriano]]. Loitou contra os gobernantes do reino [[anglos|anglo]] de [[Bernicia]] (a moderna [[Northumbria]]). Un nobre anglo, Ida, ocupou [[Lindisfarne|Metcauld]] a mediados do século sexto e comezou a devastar o continente. Urien aliouse con outros reis setentrionais, [[Rhydderch Hael]] "o Xeneroso" de [[Strathclyde]] e outros dous descendentes de Coel, Gwallog mab Llaenog e [[Morcant Bulc|Morgant Bwlch]]. Venceron aos anglos e cercáronos en Lindisfarne pero, segundo a ''[[Historia Brittonum]]'', Urien foi asasinado por orde de Morgant Bwlch que estaba celoso do seu poder. Moi pouco despois os anglos uníronse aos escotos de Ulster para inflixir a definitiva derrota en Dagsestone que fixo caer o poder dos reinos britóns setentrionais. Unha das [[tríadas galesas]] chama ao asasinato de Urien un dos "Tres asasinatos desafortunados" e outra inclúeo nos "Tres grandes líderes militares de Britania".
 
===Lenda===
 
Urien ficou como unha figura popular en [[Gales]] por séculos, e el e o seu fillo Owain foron incorporados á [[lenda artúrica]] cando se expandiu de Britania á Europa continental. O seu reino foi finalmente transferido á mítica terra de Gore, e os reis [[Lot (lenda artúrica)|Lot de Lothian]] e Auguselus de Escocia aparecen ás veces como irmáns seus. Durante o reinado de [[Uther Pendragon]] casa coa irmá de Arturo (a miúdo [[Morgana]], pero ás veces aparece outra irmá). El, como os reis doutras terras, ao principio oponse ao ascenso de [[rei Arturo|Arturo]] ao trono tras a morte de Uther. Urien e os outros rebélanse contra o xove monarca, pero tras a súa derrota, os rebeldes vólvense aliados e vasalos de Arturo.
 
Liña 13 ⟶ 15:
 
{{yr hen ogledd}}
 
 
[[Categoría:Cabaleiros da Táboa Redonda]]