Viladequinta, Carballeda de Valdeorras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Lp Viladequinta e formato
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'urbán' por 'urbano'
Liña 25:
Hai dous barrios distinguibles, divididos pola estrada principal: o Barrio de Abaixo e o Barrio de Arriba. Existe unha fonte usada como lavadoiro e como subministro de auga potable. A zona de recreo é o chamado Toural, onde se celebran as festas e onde os nenos xogan. O lugar onde os veciños se xuntan para falar e xogar as cartas é o bar Muralla, o único aberto na actualidade.
 
A igrexa parroquial está a uns 300 m do núcleo urbánurbano. O pequeno templo posúe unha capacidade dunhas 70 persoas, e está rodeado polo camposanto.
 
Os últimos 20 anos foron moi dinámicos no seo da aldea. Pasouse de ter tres bares a só haber un. A porcentaxe de casas deshabitadas crece, se ben estanse a a rehabilitar algunhas das casas antigas e a construír outras novas. Pero a dependencia do traballo na lousa, que adoita ser de moitas horas por un salario baixo, provoca que a xuventude opte por desprazarse a núcleos urbanos máis grandes, en busca de traballo máis rentable, así como ós estudos universitarios ou superiores á ensinanza media.