Estevo Creus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Xas (conversa | contribucións)
Liña 5:
Os seus inicios literarios veñen marcados pola súa participación no [[Batallón Literario da Costa da Morte]], e a través das súas obras colectivas ''Nós'' ([[1997]]) e ''Mar por medio'' ([[1998]]). Tamén naqueles anos publicou como narrador os relatos ''E a catro patas: quilómetros...'' ([[1994]]) e ''Confeso que matei a bambi'' ([[1996]]).
 
A súa primeira obras individual é do [[1996]], cando sae á luz ''Poemas da cidade oculta''. Ese mesmo ano gaña con ''Areados'' o [[Premiopremio Miguel González Garcés]] da Diputación da [[A Coruña|Coruña]]. No ano [[1998]] gaña o [[premio Eusebio Lorenzo Baleirón]] co poemario ''Teoría do lugar'', e no [[2002]] o III [[Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño]] con ''Decrúa''.
 
Interesado en experimentar coas novas formas da edición, convírtese nun dos membros fundadores da editora [[Letras de Cal]] e participa tamén no proxecto [[Retagarda Edicións]] dedicado a editar libros en formato dixital empregando o [[diskette]] como soporte. Publica nese formato ''O libro dos cans'' no ano [[2000]]. Tamén no ano [[2007]] e xunto co seu irmán, o escritor e artista gráfico [[David Creus]], publicará ''facer Merzbau non ou posible?'', un libro que pretende borrar as fronteiras do concepto tradicional de autoría e que se move dentro dun concepto multimediático da [[literatura]] (acompáñase dun [[DVD]] e de autocolantes).