Ivan Goncharov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:이반 곤차로프; cambios estética
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Goncharov001.jpg|framedthumb|right|Ivan Goncharov]]
'''Iván Aleksándrovich Goncharov''' (Иван Аллександрович Гончаров.) foi un escritor ruso. Simbirsk 6 (18 no calendario xuliano) de xullo de 1812, [[San Petersburgo]]15 (27) setembro de 1891
Coñecido'''Iván Aleksándrovich Goncharov''','''Иван Аллександрович Гончаров''', nado en [[Simbirsk]] o [[6 de xullo]] de [[1812]] e finado en [[San Petersburgo]] o [[15 de setembro]] de [[1891]] foi un escritor ruso coñecido sobre todo pola súa novela ''Oblómov'', que relata a historia dun home que decide voluntariamente non erguerse da cama, e que foi tomada como símbolo da decadencia dunha parte da sociedade rusa.
 
[[Ficheiro:Goncharov001.jpg|framed|Ivan Goncharov]]
== Vida ==
 
 
==Traxectoria==
=== Educación ===
 
Iván Goncharov era fillo dun rico comerciante de cereais, que tivo responsabilidades políticas na cidade e morreu cando Goncharov tiña só sete anos. Foi Avdotia Matveena, súa mai, quen se ocupou da educación primaria do fillo. Estudiou francés e alemán e, xa de neno, era un lector apaixonado, que lía a [[Lomonosov]], [[Zhukovski]], [[Voltaire]] e [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]]. En [[1822]] entrou na escola de comercio en Moscova, e .en [[1831]], entrou na facultade de filoloxía da Universidade de [[Moscova]] na que foi testemuña dunha conferencia de [[Aleksandr Pushkin]], que o encheu de admiración. Na universidade estaban naquel tempo tamén [[Belinski]] e [[Mikhaíl Leormontov]] cos que non tivo ningunha relación. Durante os anos de universitario publícanse as súas primeiras experiencias literarias: algunhas traduccións do francés.
 
=== O funcionario ===
 
Acabada a universidade marcha a [[Simbirsk]] para servir na chancelería do gobernador entre os anos [[1834]] e [[1835]]. No verao de [[1835]] viaxa a San Petersburgo, onde traballou dez anos como pequeno funcionario no ministerio de finanzas. Estes anos servíronlle para coñecer de cerca o mundo da burocracia e dos comerciantes, experiencia que lle ía servir como material literario. Confesaba dedicar tódalas horas mortas do traballo á literatura.
Nos anos [[1838]] e [[1839]] aparecen publicadas algúns poemas seus de ton románticos e os seus primeiros relatos humorísticos coma “Erro afortunado” (Schastlibaia oshibka ). Traballar de profesor particular nunha familia peterburguesa, permitiulle entrar en contacto con xente do mundo literario. Coñece a [[Belinski]] que ía influír moito no seu desenvolvemento persoal. A súa primeira novela “Unha historia común” (Obyknobennaia istoria) de [[1847]] ,foi moi ben recibida pola crítica, valeulle o recoñecemento público e permitiulle deixar atrás as dúbidas sobre a súa capacidade para ser escritor. A obra trata do conflito entre a nobreza a emerxente clase dos comerciantes, e foi valorada como un intelixente ataque ó [[romanticismo]] e o sentimentalismo. A seguinte novela que publicou foi “Iván Savitsch Podjabrin” ([[1848]], un estudio filosófico-naturalista.
 
=== A frágata Palada ===
 
Goncharov, amante desde a infancia da literatura de viaxes, manifestara sempre o seu desexo de viaxar ó estranxeiro, mais a decisión de envialo en [[1852]] ó [[Xapón]] en barco co cargo de secretario do almirante da expedición, provocoulle certa inquedanza. . Durante os dous anos seguintes estivo en [[Inglaterra]], [[África do Sur]], [[Singapur]], [[China]] e finalmente en [[Nagasaki]], o único porto xaponés aberto os estranxeiros. Esta viaxe e o accidentado retorno a Petersburgo por terra (a guerra con Inglaterra fixo imposible a vía marítima) atravesando Siberia foron a base para o libro de impresións de viaxe editado co titulo de “A fragata Palada” ([[1858]]).
 
=== O censor ===
 
En [[1856]] concederonlle o cargo de censor literario, o que se engadía a tarefa de ensinar literatura rusa o príncipe herdeiro, o que provocou o desprezo dos seus antigos coñecidos de ideas liberais. Permitiu a edición das daquela prohibidas “Notas dun cazador” (Zapisok oxhotnika) de [[Iván Turgenev]] , dun libro de poemas de [[Nekrasov]] e da novela de [[Pisemski]] “Mil almas” (Tysacha dush), pero foi moi estrito cos publicacións de ton radical e as relacións cos seus colegas literarios empeoraron. Goncharov rexeitaba que o considerasen un [[liberal]] e era totalmente contrario ós socialistas democráticos. Aborrecido co endurecemento das normas de censura deixa ó ano seguinte, o seu cargo de censor, por ben que, posteriormente, foi de novo chamado a un posto de moita responsabilidade no departamento de censura, que non deixou definitivamente ata [[1867]].
 
=== Novela ''Oblomov'' ===
 
A súa obra máis importante e coñecida “[[Oblomov]]” apareceu o ano [[1859]] e tivo un éxito enorme, proporcionándolle ó autor uns ingresos de 10.000 rublos. A sona da novela espallouse polos círculos cultivados rusos e a obra provocou un intenso debate. As interpretacións da obra son múltiples. A inacción e indolencia do protagonista foron vistos por algúns coma símbolo da situación de estancamento da sociedade rusa da época e foi con este sentido que a palabra “oblomovismo” se incorporou a lingua rusa. Oblomov transformouse nun dos mitos da literatura rusa.